viernes, 30 de octubre de 2020

O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana suprime a partida de 1,2 millóns de euros comprometida na rotonda sur, PK 37 da N-550 en Ordes

  • A obra, imprescindible para continuar a rolda leste de circunvalación ata enlazar coa AC-413, mellorar a seguridade viaria e reducir riscos sanitarios retirando o tráfico pesado da rúa do Recreo, estaba comprometida nos Orzamentos de 2018 prorrogados por Sánchez
  • Pedro Sánchez agasalla a Cataluña con cartos que son de Ordes buscando a súa continuidade na Moncloa e, de paso, manter dispendios como as vacacións de luxo que desfrutou no verán mentres España padecía estreiteces pola covid-19

 

Ordes, 30 de outubro de 2020.- O Goberno central de Pedro Sánchez, a través do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, vén de suprimir no proxecto de orzamentos do Estado para 2021 a partida de 1,2 millóns de euros contemplada nos orzamentos anteriores para a execución dunha glorieta e paso inferior na saída sur da vila, punto quilométrico 37 na estrada N-550.

 

Esta obra fora comprometida polo entón presidente do Goberno, Mariano Rajoy, nunha visita efectuada a Ordes en agosto de 2015.

 

A execución desa glorieta con paso inferior N-550 permitiría dar continuidade á rolda leste (AC-408 e AC-409) de circunvalación de Ordes para enlazada coa estrada de Carballo (AC-413) e co tanatorio e cemiterio municipal do Balado para, deste xeito, desviar do pobo, e sobre todo do barrio do Recreo, todo o tráfico pesado procedentes ou con destino á comarca de  Bergantiños e ás plantas de tratamento de refugallos da Areosa ou a de Gesuga. A execución do proxecto implicaría un aumento da seguridade viaria, liberar de tráfico o centro da vila e incrementar a  reducir os cheiros e riscos sanitarios derivados do tránsito de camións cara as plantas da Areosa, entre as que se atopa unha factoría de procesamento e eliminación de animais mortos. 




 

A obra de Ordes contaba cunha partida de 500.000 euros nos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 e 700.000 euros nas contas de 2019, como pode comprobarse no cadro adxunto Os orzamentos 2018, elaborados cando Cristobal Montoro dirixía o Ministerio de Facenda, foron prorrogados sucesivamente polo Executivo de Pedro Sánchez como consecuencia da precariedade dos seus apoios parlamentarios. Sen embargo, nada fixeron para materializar o proxecto.

 

 



A xuízo do PP de Ordes, este castigo orzamentario, extensivo a toda Galicia, só pode interpretarse como un intento de Pedro Sánchez para manterse na Moncloa a toda costa, aínda que iso implique desatender gran parte das necesidades a cambio de regar con abondosas regalías orzamentarias aos seus socios. 

 

Dito doutro xeito, Pedro Sánchez agasalla a Cataluña cos cartos que por xustiza son de Ordes para tratar de asegurar a súa continuidade na Moncloa e, de paso, consolidar dispendios como a vacacións nos palacios de La Mareta Lanzatote) e Las Marismillas (Doñana), que desfrutou o pasado verán mentres boa parte dos españois padecían as estreiteces derivadas da covid-19.

 

O Partido Popular de Ordes trasladará a situación aos deputados e senadores populares das Cortes Xerais, ao tempo que impulsará iniciativas relacionadas con este agravio no Pleno do Concello para obrigar aos restantes grupos a posicionarse en relación con este asunto e trasladar o malestar da veciñanza ao Goberno central.