lunes, 27 de junio de 2016

O PP de Ordes agradece a confianza recibida nas urnas e comprométese a seguir defendendo o interese xeral


  • Martínez Sanjurjo: “Os ordenses desexan seguir pola senda de estabilidade, crecemento e previsibilidade iniciada por Mariano Rajoy”


Ordes, 27 de xuño de 2016.- O Partido Popular de Ordes agradece a renovada confianza recibida nos comicios celebrados onte, nos que esta formación  acadou o 48,86% dos votos emitidos neste municipio, case catro puntos máis que hai seis meses, e cun apoio que se sitúa tamén por riba da media provincial, autonómica e estatal.

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, interpreta o elevado apoio recibo onte polo Partido Popular como un sinal inequívoco de que os ordenses desexan continuar pola senda de estabilidade, crecemento e previsibilidade iniciada por Mariano Rajoy catro anos atrás á fronte do Goberno de España, ao tempo que refrenda as políticas desenvolvidas por Alberto Núñez Feijóo desde a Presidencia da Xunta de Galicia.

Tamén en clave local, Martínez Sanjurjo considera que o crecemento do apoio ao Partido Popular pode entenderse como un respaldo explícito á xestión rigorosa que está a desenvolver desde hai escasamente un ano á fronte do Concello de Ordes.

Para Martínez Sanjurjo, o resultado de onte é un revulsivo adicional para seguir traballando desde o Concello en defensa do interese xeral e sen máis limitacións que o interese supremo de Ordes e a súa veciñanza.


Martínez Sanjurjo reitera tamén o seu agradecemento a todos os militantes e simpatizantes do Partido Popular que colaboraron no desenvolvemento da pasada campaña electoral.