domingo, 15 de mayo de 2016

O PP Ordes felicítase pola incorporación do alcalde á Executiva rexional do PPdeG


  • Interpreta que a designación de Martínez Sanjurjo como membro do Comité Executivo Rexional do PPdeG reforza a aposta de Feijóo por Ordes e recoñece o traballo desenvolvido no ámbito local



Ordes, 14 de maio de 2016.-  A recente designación do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como membro do Comité Executivo do PPdeG constitúe un motivo de satisfacción para os populares ordenses, que interpretan esta nova como un recoñecemento ao traballo desenvolvido polo conxunto de militantes e simpatizantes do PP local ao longo dos últimos anos.

Os populares ordenses interpretan tamén esta elección –celebrada no XVI Congreso do PPdeG, celebrado en Ourense- como unha aposta e unha mostra de confianza do presidente Feijóo no PP de Ordes e no traballo que Martínez Sanjurjo está a desenvolver á fronte do Concello desde o pasado mes de xullo.

Pola súa parte, Martínez Sanjurjo valora  a reelección de Feijóo como presidente do PPdeG e candidato á reelección nos vindeiros comicios autonómicos, e contrapón  a situación do Partido Popular de Galicia coa das restantes formacións, carentes de liderato e sumidas en loitas e descualificacións internas que semellan non ter fin.


“Como integrante da gran familia do PPdeG podo asegurar que en Ordes estamos en disposición de traballar para que Feijóo revalide a maioría necesaria para gobernar, porque é o único que pode garantir a estabilidade que Galicia necesita neste momento”, afirma Martínez Sanjurjo.