lunes, 6 de febrero de 2017

A proposta de UXO para reorganizar o funcionamento do Concello de Ordes busca entorpecer a xestión e maiores ingresos para os seus concelleiros

* “Que a proposta xurda dunha concelleira imputada que pretende `facer caixa´ a conta do Concello debería facer reflexionar ao resto da Corporación”, argumenta o PP de Ordes

* UXO pretende incrementar o número de comisións e o importe das dietas por asistencia para “chupar” a conta do Concello, como fixeron durante os oitos anos que gobernaron Ordes

Ordes, 4 de febreiro de 2017.- A solicitude de celebración dun pleno extraordinario para reorganizar o funcionamento do Concello de Ordes, rexistrada onte por UXO, pretende entorpecer a xestión ordinaria do Municipio, logo de ter sido posta ao día polo alcalde popular Martínez Sanjurjo tras 8 anos de parálise nos que xeraron  unha débeda de 9 millóns de euros.

Agora, coas contas saneadas e cos principais problemas de Ordes en vías de solución, UXO trata de recuperar o seu vello xeito de facer política, poñendo as institucións ao seu servizo, e non ao servizo da cidadanía.

Proba desa xestión irregular é a imputación da concelleira Silvia Marín, unha das promotoras da iniciativa rexistrada onte no Concello. “Que a proposta xurda dunha concelleira investigada que pretende `facer caixa´ a conta do Concello debería facer reflexionar ao resto da Corporación antes de adoptar unha decisión ao respecto”, argumenta o Partido Popular de Ordes.

Máis non é Silvia Marín a única edil que arrastra problemas xudiciais como consecuencia dunha xestión arbitraria nas dúas pasadas lexislaturas, “pero diso falarase máis adiante”.

Desde o PP local lembran que UXO pretende incrementar o número de comisións e o importe das dietas por asistencia para “chupar” a conta do Concello, como fixeron durante os oitos anos que gobernaron Ordes. “Está claro que para UXO, os problemas e as carencias dos ordenses pasan a un terceiro plano; o único que lles interesa é encher a carteira a fin de mes a conta dos impostos de todos”.