sábado, 28 de marzo de 2015

O Partido Popular celebra o compromiso da Deputación para comezar a arranxar a estrada de Ordes a Cerceda


·   A Administración provincial destinará mais de 193.000 euros para comezar o arranxo da estrada, de titularidade municipal mais abandonada polo Concello desde hai anos

·  Martínez Sanjurjo denuncia que Regos deixou pasar oito anos sen tocar a estrada, mentres derrochou millóns en actuacións innecesarias


Ordes, 28 de marzo de 2015.-  O Partido Popular celebra o compromiso da Deputación da Coruña para financiar o comezo dos traballos de arranxo da estrada municipal que comunica Ordes con Cerceda, por Mercurín, un vial ao que o Concello deu a costas durante anos e para o que mesmo chegou a rexeitar algunhas propostas de colaboración.

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou, no pleno do pasado venres día 27, unha modificación de crédito para habilitar unha partida de 193.362 euros para as primeiras obras de mellora do firme da estrada.

José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular e candidato á Alcaldía, valora o compromiso da Deputación con Ordes e cuestiona a deixadez do alcalde respecto a este vial que soporta unha elevada carga de tráfico rodado.

Regos enganou aos veciños

Malia que a estrada é de titularidade municipal e, polo tanto, responsabilidade do Concello, Regos deixou pasar oito anos sen ocuparse desta estrada, enganando aos veciños con falsas promesas, facendo gala do seu falso victimismo e tratando de responsabilizar a outras administracións do seu propio fracaso”, afirma Martínez Sanjurjo.

O portavoz municipal do Partido Popular estima que “todos os millóns derrochados por Regos durante este case que oito anos en diversas obras innecesarias terían permitido arranxar non só a estrada de Mercurín, senón a maior parte da rede viaria do municipio, que nalgúns puntos continúa a presentar un estado deplorable”.