- Unha persoa está hospitalizada polas lesións que lle ocasionou o esvarón nun destes puntos, consecuencia da desidia do Concello
Ordes, 30 de decembro de 2014.- O Partido Popular
de Ordes esixe ao Concello que actúe de inmediato para solucionar as
deficiencias de seguridade que presentan os puntos que ocupaban os farois do
alumeado público substituídos recentemente na vila e que supoñen un serio
perigo para os veciños.

A
desidia do Concello xa pasou factura e unha persoa está hospitalizada con
lesións de consideración como consecuencia do esvarón sufrido onte nun destes
puntos.
Ante
esta situación, o portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis
Martínez Sanjurjo, reclama a intervención directa do alcalde para dar unha
solución definitiva e inmediata a esta carencia e evitar que se rexistren novas
desgrazas persoais. “Resulta bochornoso que en cada obra que impulsa o Concello
de Ordes se rexistre algunha incidencia por falta de previsión, co agravante de
que neste caso haxa que lamentar lesións persoais”, afirma Martínez Sanjurjo.