Máis
aló das crenzas de cada un, as celebracións do Nadal e o Aninovo son as datas
nas que con máis frecuencia reflexionamos sobre a realidade que nos toca vivir
e compartimos os bos propósitos.
Reflexións,
que, ao volver a vista atrás, nos fan lembrar os bos momentos vividos ao longo
do ano que remata, pero tamén nos levan a rememorar as dificultades,
especialmente as das familias e persoas que sofren nas súas carnes lacras como
o paro, a falta de agarimo ou a enfermidade.
Desde
o Partido Popular de Ordes queremos trasladar a todos os nosos mellores
desexos, e moi especialmente a nosa solidariedade e afecto aos que atravesan
algún tipo de dificultade. Arelamos un 2015 ateigado de novas positivas para
todos: traballo para os que carecen del; agarimo para os que se senten
abandonados; e saúde para quen padece enfermidade.
No
Nadal e o Anivonovo tamén resulta obrigado un recordo agarimoso para os
familiares e amigos que se atopan lonxe de nós.
Xa no
ámbito da política local, malia que a decisión depende do resultado das urnas,
pedímoslle aos Reis Magos que nos axuden a restaurar en Ordes o “sentidiño” perdido nas dúas últimas
lexislaturas municipais. “Sentidiño” que veña da man dun novo Goberno local
sensato, integrado por persoas honestas, que sexa quen de recuperar o contacto
cos veciños, atenda as necesidades de todos e xestione con transparencia e
rectitude, pensando no interese xeral.
A
todos, Bo Nadal e ventureiro 2015.