sábado, 22 de noviembre de 2014

Equipamento de luxo para a canceira municipal de Ordes


* O Concello derrocha máis de 5.800 euros para mercar elementos de luxo como unha papeleira e escobiña de baño por 78,65 euros, un portarolos de papel hixiénico valorado noutros 78,65 euros ou un dispensador de xabón que custou outros 101,64 euros adicionais para unha construción que semella un galpón

* O Partido Popular, ao que o Concello só lle permitiu ver a factura, sen facilitarlle copia da mesma, considera que este derroche constitúe unha falta de respeto ás familias de Ordes que teñen dificultades para chegar a fin de mes e ás que o Concello “sablea” con sucesivas subas de impostos


Ordes. 22 de novembro de 2014.- O Concello de Ordes vén de derrochar un total de 5856,40 euros no equipamento da canceira municipal, unha edificación de reducidas dimensións que non contempla a presenza permanente de operarios, construída recentemente cunha subvención do Leader (fondos Europeos) por un importe total de 57.246,61 euros.

O custo da instalación e o equipamento pagado polo Concello de Ordes con fondos propios á marxe da subvención recibida, constitúe un insulto e unha falta de respecto aos centros de familias que teñen serias dificultades para chegar a fin de mes e ás que o Concello, “sablea” con sucesivas subas de impostos, como aconteceu co IBI ou coas taxas municipais.

Prohibido reproducir a factura

O Partido Popular, tras examinar o expediente da obra e alertado do derroche impulsado polo Concello, solicitou copia da factura. Sen embargo, o Concello negouse a facilitar copia da mesma e só permitiu que o portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, puidese visualizar o documento.

A factura amosada a Martínez Sanjurjo certifica o pagamento de conceptos tan reveladores como insultantes. A modo de exemplo, o Concello mercou para a canceira municipal unha papeleira e escobiña de baño por valor de 78,65 euros. O Goberno de Regos gastou outros 78,65 euros nun portarolos de papel hixiénico para o mesmo baño, e 101,64 euros adicionais nun dispensador de papel e xabón.

Semella o baño de Buckingham Palace

Máis que para o baño dun galpón -que é realmente ao que se semella a canceira municipal de Ordes, dado que en esta instalación, de uns 53 metros de superficie construída, nin sequera está prevista a presenza de persoal permanente- semella que o Concello mercou elementos de luxo para un baño de Buckingham Palace. Definitivamente, acredítase que Regos e Marín perderon a cordura política e non son capaces de recuperala”, asevera o portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez.

¿Regos ou Marín?

O Partido Popular preguntase quen tomou a decisión de mercar estes elementos, que se  poden atopar en establecementos do pobo a un prezo 4 ou 5 veces inferior. “¿Quen faría a elección, Regos ou Marín?”.


O pasado verán, o Partido Popular denunciou que o Concello de Ordes pagara tamén unha factura de 25.410€ a cambio de nada, xa que se ben no concepto figuraba o amoblamento do local social do Mesón do Vento, os mobles non se levaron ata un ano despois, xusto cando o PP desvelou a falcatruada. E finalmente levaron 75 sillas, a razón de 338 €/unidade; e que na actualidade continúan amoreadas nun recuncho da instalación.