sábado, 1 de noviembre de 2014

Diferenzas do 100% no IBI de agricultores e gandeiros de Ordes por unha decisión errónea do alcalde


·  Mentres noutros concellos do contorno se aplican bonificacións para as construcións de uso agrícola e gandeiro, Regos rexeitou esta opción e optou por deixar como únicos beneficiados os derivados de erros na cartografía catastral

·  O PP local incluirá bonificacións do 95% para a totalidade das instalacións agrícolas e gandeiras no seu programa de 2015

Ordes, 1 de novembro de 2015.- Os recibos do IBI que estes días reciben os agricultores e gandeiros de Ordes presentan diferenzas do 100% para instalacións de características similares, como consecuencia dunha elaboración chapuceira da ponencia de valores aprobada as presas o pasado ano 2013 por UxO e PSOE, para poder facer fronte ao crédito das facturas impagadas por valor de 2,8 millóns de euros incluídas no plan de pagamento a proveedores.

As diferenzas no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI ou contribución) son consecuencia da decisión do Goberno local liderado por Regos e Marín de non aplicar unha bonificación xeral para as instalacións destinadas a usos agrícolas e gandeiros, como están a facer con normalidade outros concellos da comarca e provincia.

O alcalde de Ordes, pola contra, optou por mirar a outro lado, e permitir que só se beneficiaran as instalacións situadas en determinadas zonas do termo municipal que non foron recollidas na nova cartografía catastral, o que provoca que no mesmo Concello uns veciños non paguen nada e outros teñan que pagar polo 100% do valor catastral de construcións como alpendres, cortes ou silos.


Para poñer fin a esta situación, o portavoz municipal do PP de Ordes e candidato á Alcaldía, José Luis Martínez Sanjurjo, incluirá no programa electoral co que concorrerá ás municipais de 2015 o compromiso de articular unha bonificación máxima do 95% para a totalidade das instalacións de uso agrícola e gandeiro do Concello de Ordes.