miércoles, 29 de octubre de 2014

Unha poda abusiva pon en risco de desaparición tres árbores centenarias na Alameda de Ordes




·    O “exceso de motoserra por indicación do alcalde” xera danos irreparables que poden contaxiar aos restantes árbores


Ordes, 29 de outubro de 2014.- Un tratamento silvícola inadecuado, consistente nun “exceso de motoserra nas ramas aplicado por indicación do alcalde” ameaza con facer desaparecer tres árbores centenarias da Alameda de Ordes, segundo denuncia o Partido Popular.

Os exemplares presentan síntomas de estar afectados por unha enfermidade, que  evoluciona cara unha podremia irrecuperable e ten a súa orixe na poda abusiva aplicada por indicación do alcalde para facer sitio aos escenarios das orquestras logo das obras de ampliación da Alameda executadas no pasado mandato.

O Partido Popular de Ordes advirte que de non aplicarse xa un tratamento fitosanitario adecuado e inmediato, a enfermidade destas árbores pode estenderse a tódolos exemplares do seu contorno, poñendo en risco de desaparición un patrimonio vexetal valioso.


O PP  preguntará sobre esta situación no vindeiro pleno ao ter o convencemento de que situación non se tería producido de non ter intervido o alcalde nun intento por xustificar a utilidade das obras de ampliación da Alameda.