martes, 28 de octubre de 2014

O PP de Ordes plantexa ampliar os accesos ao aparcadoiro complementario do CEIP Campomaior para facer máis fluído o tráfico na zona


·  Pido ao Concello que habilite un segundo acceso a unha finca situada nas inmediacións do centro e cedida desde hai anos, que é utilizada habitualmente como área de estacionamento, pero que conta só cun único acceso que dificulta a circulación

Ordes, 28 de outubro de 2014.- O Partido Popular de Ordes presentará un rogo no Pleno deste xoves para instar ao Concello a habilitar un segundo acceso á finca situada fronte ao CEIP Campomaior e que habitualmente utilizan como área de estacionamento as familias que acoden ao centro a levar ou recoller os nenos e nenas.





Trátase dun predio cedido desde hai anos que se ven empregando como aparcadoiro, coa limitación de contar cun único punto de acceso cara a explanada situada ao carón do colexio.

Para solucionar esta carencia, o Partido Popular suxire que o Concello negocie co propietario a habilitación dun segundo acceso a este predio, para o que tan só sería necesario efectuar un pequeno movemento de terras. Con esta solución fluidificaríase de xeito notable a circulación de vehículos no contorno do CEIP Campomaior, unha área tradicionalmente problemática para o tráfico, dado que o acceso se efectúa a través dunha rúa con unha única saída.


Pais e nais de nenos e nenas escolarizados no CEIP Campomaior trasladaron esta proposta ao portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que a asume como propia e a defenderá no Pleno ordinario previsto para este xoves.