miércoles, 1 de octubre de 2014

O PP felicítase pola inclusión dunha achega de 208.000€ nos orzamentos do Estado para executar a intersección de Queis na N-550, en Ordes


·   O proxecto de PXE para 2015 tamén inclúen unha partida de 1,2 millóns de euros para actuacións de mantemento para rehabilitación da N-550 e 822.000€ para rematar o proxecto da variante de Ordes


Ordes, 1 de outubro de 2015.-  O Partido Popular felicítase pola inclusión dunha partida de 208.000 euros nos Presupostos xerais do Estado para executar as obras de mellora da intersección do acceso a Queis, na parroquia de Montaos, en Ordes, no p.k. 41+200 da estrada N-550.

Esta obra é unha vella demanda dos veciños da zona, obrigados ata o de agora a efectuar a parada para o xiro na propia estrada, ou alongar os desprazamentos que posibiliten os cambios de sentido. O proxecto de Presupostos Xerais do Estado para 2015 contempla unha partida de 144.000 euros para o próximo ano, cifra que se complementa cun investimento adicional de 64.000€ no exercicio de 2016.

Demanda veciñal

A intervención permitirá mellorar a seguridade viaria na zona.  A proposta fora trasladada ao Goberno central no transcurso dunha reunión cos veciños organizada polo Partido Popular e que contou coa asistencia da senadora do PP por A Coruña María Jesús Sáinz e a deputada no Congreso Marta González.

Mantemento e rehabilitación da N-550

O proxecto de PXE para 2015 consigna tamén unha achega de 1.257.000 euros para actuacións de mantemento para rehabilitación do firme na estrada N-550 entre os pkk 3+600 e 57,834, á que se sumará outra adicional de 555.000€.

Variante de Ordes

O documento presupostario para o próximo exercicio incorpora, ademais, unha partida de 822.000€ para financiar o remate dos traballos do proxecto  da variante de Ordes da N-550, un trazado de 6,5 km, longamente agardado polos veciños e que permitirá desconxestionar de tráfico o núcleo urbano da vila.


José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, saúda a incorporación destas partidas orzamentarias por ofrecer solucións a demandas reais dos veciños ao tempo que, na súa opinión, se acredita que, “o Partido Popular cumpre os seus compromisos”.