lunes, 22 de septiembre de 2014

O desleixo no mantemento dos equipamentos públicos leva ao Concello de Ordes a descoidar o parque infantil municipal



·  Un exemplo:  arranxa o desperfecto dunha plataforma xiratoria do parque infantil cunha botella de plástico e cinta adhesiva


Ordes, 22 de setembro de 2014.- O desleixamento que caracteriza a  xestión do Concello de Ordes en todos os ámbitos e se visualiza especialmente no mantemento dos equipamentos públicos volve chegar ao parque infantil municipal Félix Rodríguez de la Fuente.

Como acredita a fotografía adxunta, o desperfecto que presenta desde hai varias semanas unha plataforma circular xiratoria  foi ocultado cun anaco de botella de plástico e suxeito con cinta adhesiva.


O Partido Popular preguntará por esa anomalía no vindeiro Pleno, por entender que con este xeito de actuar o Concello non só evidencia unha xestión chapuceira senón –o que é realmente grave- que podería poñer en risco a integridade dos usuarios do parque infantil.