miércoles, 17 de septiembre de 2014

A pésima organización obriga aos usuarios da piscina municipal de Ordes a colas de dúas horas para apuntarse nos cursos de natación


·   O PP local formulará un rogo no vindeiro Pleno para instar ao Concello a mellorar a atención aos usuarios para evitar demoras deste tipo

Ordes, 17 de setembro de 2014.-  As persoas interesadas en participar nos cursos de natación programados na piscina municipal climatizada de Ordes tiveron que agardar este luns longos tempos de espera para inscribirse, dada a pésima organización establecida polo Concello, o que se traduciu en múltiples queixas por parte dos afectados, na súa maioría pais e nais de nenos e nenas.  

A inscrición para os cursos do derradeiro trimestre deste ano, efectuada este luns nas instalacións da piscina municipal das Casillas, acumulou tal demora que moitas das persoas afectadas tiveron que agardar ata dúas horas, nunha cola exterior e baixo as inclemencias meteorolóxicas. Con todo, non é a primeira vez que se produce esta situación por mor da falta de previsión e a nula capacidade de organización do Concello de Ordes, que xestiona directamente o recinto e, polo tanto, podería ter reforzado a atención ao público con persoal municipal.

O Partido Popular, que recibiu numerosas queixas dos usuarios, formulará un rogo no vindeiro Pleno municipal para instar ao Concello de Ordes a reconducir a situación de maneira que non volvan repetirse feitos deste tipo e se mellore a atención aos usuarios, reforzando a atención ao público na data na que se abra o prazo de inscrición para as actividades programadas.