viernes, 3 de octubre de 2014

O PP de Ordes insta ao PSOE local a asumir o seu papel de encubridor das falcatruadas de Regos nas dúas últimas lexislaturas


·    O PSOE está rabioso polo bo trato dispensado polo Goberno central a Ordes nos PXE; mentres que o apoio dos socialistas ao alcalde de Ordes permite a Regos edifique unha rede clientelar con recursos públicos que os veciños xa lles reprochan

·   O PP organizou en Ordes unha reunión dos afectados cunha senadora e unha deputada; o PSOE deixou pasar as dúas lexislaturas de ZP mirando cara outro lado


Ordes, 3 de outubro de 2014.- O Partido Popular de Ordes insta ao PSOE local -rabioso polo  trato positivo dispensado polos Presupostos Xerais do Estado de 2015 á localidade, mentres que durante os oito anos de Zapatero nada fixeron por este municipio- a asumir a realidade, e moi especialmente o papel de cómplice e encubridor das falcatruadas cometidas por Manuel Regos como alcalde de Ordes desde a pasada lexislatura.

O apoio incondicional prestado polo PSOE de Ordes ao equipo de Goberno de Manuel Regos comeza a pasar factura ao socialismo ordense, ata o punto de que os veciños xa lles reprochan abertamente o seu desacordo pola coalición PSOE-UXO, da que nada advertiron antes de someterse ao veredicto das urnas.

O PSOE, nun pozo sen fondo polo seu apoio a Regos

O Partido Popular de Ordes interpreta os ciumes do PSOE local polo apoio do Goberno central a Ordes como unha evidencia máis da súa impotencia para saír do pozo sen fondo no que están sumidos desde que se tenderon nos brazos de Regos, por moito que agora traten de remedialo mediante asesores externos.

Lonxe de reportarlles réditos positivos, o apoio do PSOE ao alcalde de Ordes está a permitir que Regos e Marín edifiquen unha rede clientelar con recursos públicos. Os socialistas, entanto, prefiren aplaudir e mirar cara outro lado, malia o hálito pestilente que desprenden moitas das prácticas impulsadas polo alcalde e que só o PP se atreve a denunciar.

Orgullosos do apoio presupostario

O PP de Ordes reitera o seu orgullo polo trato dispensado polos PXE de 2015 a Ordes, como queda acreditado coa achega de 208.000 euros consignada para executar intersección de Queis, na N-550, en Montaos; os 1,2 millóns de euros para actuacións de mantemento para rehabilitación do firma na estrada N-500; e os 822.000€ destinados a financiar o remate do proxecto da Variante de Ordes.

Mentres que o PP organizou en Ordes unha reunión cos veciños, na que unha senadora e unha deputada do PP acudiron a coñecer a situación real para trasladala a Madrid, o PSOE perdeu o tempo xustificando as desfeitas de ZP. Proba diso é que nada do que agora critican foi plantexado ata o de agora no Pleno municipal.