viernes, 30 de mayo de 2014

O Concello de Ordes volve dar largas aos veciños e argumenta que atenderá as carencias cando lles pete


  • O alcalde segue fuxindo dos problemas e parapétase na vicealcaldesa para evitar dar explicacións ante o Pleno

  • No pleno deste mércores, o Goberno local rexeitou con arrogancia os rogos formulados polo PP para atender demandas longamente agardadas, argumentando que as atenderán cando lles pete, malia recoñecer as carencias trasladadas polo Grupo Popular

  • Ao rexedor moléstanlle os veciños, e moléstalle tamén que o PP actúe como altofalante dos homes e mulleres de Ordes


Ordes, 29 de maio de 2014.- O grupo de Goberno de Ordes deu resposta onte, cunha chulería inadmisible para os cargos públicos, a parte dos rogos formulados polo PP para arranxar algunha das diferentes carencias que os veciños veñen demandando deste hai meses ante a indiferenza municipal.



Facéndose eco das demandas que lle trasladan os veciños a cotío, o Grupo Municipal do PP aproveitou o Pleno ordinario de maio para reclamar que o Concello atenda necesidades como o desbrozamento das pistas da rede de camiños de concentración parcelaria (axúntase foto da pista de Trillán, en Buscás), o arranxo de fochancas  en diferentes puntos da rede viaria municipal e a substitución dun espello convexo de tráfico en A Canle (Buscás) que xa non cumpre a súa función polo deterioro que presenta.

Problemas de seguridade nunha ponte sobre o Lengüelle

O grupo que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou tamén que o Concello de Ordes arranxe a “Ponte de Raña” sobre o río Lengüelle, en Montaos, moi deteriorada e con riscos para a seguridade dos seus usuarios; que amplíe a capacidade da marquesiña que utilizan os nenos de Vilagudín (Lesta) para agardar o transporte escolar; que se conecte a aldea de Vilagudín á rede de abastecemento de Tordoia (situada a 400 metros), previo acordo co Concello veciño; e que se arranxen os desperfectos que presentan as beirarrúas da rúa Campeiras, no núcleo urbano de Ordes.

Fronte ás demandas trasladadas polo PP, a tenente de alcalde respondeu en moitos dos casos cunha arrogancia impropia dun responsable público que ten entre as súas obrigas a de atender as necesidades dos cidadáns, argumentando baixo o pretexto da “toma en consideración”, que as obras reclamadas se farán só se o Goberno local o estima oportuno, “cando o decida o Goberno”.

Para o Partido Popular, o tono e as respostas ofrecidas pola voceira do equipo de Goberno de Ordes poñen de manifesto a súa incompetencia, por non terse corrixido a tempo unhas carencias das que xa tiñan coñecemento; pero tamén unha “inmensa soberbia”, demostrando que lles molesta que o PP se convirta en altofalante dos veciños.

Un alcalde que fuxe dos veciños

En opinión do portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o silencio do alcalde, que volveu agocharse en lugar de responder ás necesidades dos veciños, acredita de novo a “covardía política dun rexedor que se parapeta na hipocresía de Silvia Marín por carecer de argumentos que ofrecer a uns veciños que están fartos de evasivas”.