domingo, 23 de febrero de 2014

O PP de Ordes reclama que o Concello publique na web municipal todos os procedementos de contratación


·     A día de hoxe, o perfil do contratante da web municipal está baleiro,  mentres o Concello abusa do procedemento negociado sen publicidade

Ordes, 22 de febrero de 2014.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes defenderá no vindeiro Pleno una moción para instar ao Goberno local a transparentar a súa xestión publicando no perfil do contratante da web municipal todos os procedementos de contratación que xestione, incluíndo os tramitados mediante o procedemento negociado sen publicidade e os que teñan a condición de gasto menor.

O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, explica que esta moción xurde para facer fronte ao “uso e abuso” que o Concello fai do procedemento negociado sen publicidade, ata o punto de se ter convertido no Concello galego que máis utiliza esa fórmula para contratar servizos públicos.

Pola contra, o perfil do contratante da web do Concello de Ordes aparece baleiro de contido e sen actualizar, informando só de algunhas adxudicacións definitivas do primeiro trimestre do ano 2012.

Con esta proposta encamiñada a transparentar a xestión pública, o PP ordense ofrece ao executivo local una fórmula coa que facer  fronte á situación creada polas informacións recentes que apuntan á existencia de presuntas anomalías na xestión municipal.