·
Os populares tamén tratarán de incluír nesta subvención
un arranxo na rede de pluviais do núcleo urbano e a construción dun aparcadoiro
no igrexario de Vilamaior
·
Noutra moción, o PP reclamará unha intervención de
urxencia na pista que enlaza Mesón do Vento con Morgade, que ademais dunha
notable deterioración, está invadida por árbores e maleza no seu tramo inicial
Ordes, 26 de
febreiro de 2014.- O Grupo Municipal do
Partido Popular de Ordes proporá financiar, con cargo do Plan DTC 93 da Deputación
da Coruña –dotado con 246.932,49€ para este Concello en 2014- o arranxo do pavillón polideportivo do CEIP
Campomaior, reparar a rede de pluviais no entronque da rúa da Canteira coa rúa
de Mercado, no núcleo urbano e a construción dun aparcadoiro nas inmediacións
da igrexa de Santiago de Vilamaior.
O
pavillón polideportivo de Campomaior, de titularidade municipal, foi executado
en diferentes fases a partir dunha pista descuberta creada a mediados dos anos
80. En datas posteriores foi cuberto e dotado de peche perimetral; nas últimas
obras (arredor do ano 2004) foi dotado de vestiarios e un pequeno graderío
lateral.
Fóra
do horario escolar, o recinto adoita ser utilizado para a práctica deportiva e
o adestramento en diferentes disciplinas como o fútbol-sala, baloncesto, xoquei
a patíns, patinaxe ou tenis. Tamén se ten empregado para o desenvolvemento de xornadas
deportivas, exhibicións ou demostracións de todo tipo con notable afluencia de
público.
O
tempo transcorrido desde as últimas intervencións neste recinto deportivo de
usos múltiples, a deterioración derivada do uso intensivo e as novas
necesidades xurdidas co paso do tempo fan necesaria una intervención integral
que o Partido Popular considera debería consistir nos seguintes traballos:
-
Substitución da actual cuberta e da parte superior dos laterais de chapa
metálica por outra que garanta un óptimo illamento de humidades e térmico, e
que, ao tempo, permita a iluminación natural, para mellorar a luminosidade
interior e permitir un maior aforro enerxético.
-
Dotar os paramentos verticais de cámaras e elementos que actúen de illantes
térmicos e permitan mellorar a acústica do recinto.
-
Colocar un novo piso sobre a actual pista de formigón que se adapte ás
actividades deportivas a desenvolver, incluíndo a práctica da ximnasia polos
alumnos do CEIP Campomaior.
-
Melloras nos vestiarios e nos aseos existentes.
Pista de Morgade





A maiores, no tramo inicial da
pista, preto do Mesón do Vento, as polas das árbores situadas nas marxes
dificultan a circulación de vehículos voluminosos, ao tempo que as raíces aceleran
os estragos no firme.
Para corrixir esta situación,
o Partido Popular propón que o Concello acometa un rebacheo inmediato da pista,
desbroce e proceda coa apertura das cunetas, e efectúe as necesarias tarefas de
poda no tramo inicial para eliminar os elementos vexetais que dificultan a
circulación e limitan a visibilidade e, por conseguinte, a seguridade.
