miércoles, 15 de enero de 2014

Os dous tractores municipais de Ordes levan varios anos fóra de servizo nunha nave particular mentres o Concello adxudica a limpeza de cunetas a unha empresa privada por 120.000€


·     O Partido Popular propón destinar o importe do contrato ao mantemento dos tractores municipais para poder desbrozar a totalidade da rede viaria municipal cada ano


Ordes, 15 de xaneiro de 2014.- Os dous tractores de titularidade municipal, equipados con cadansúa desbrozadora, levan varios anos fóra de servizo e estacionados nunha nave particular, mentres que o Concello de Ordes opta por externalizar as tarefas de limpeza de cunetas, adxudicando os traballos a unha empresa privada.

Esta situación provoca que moitos tramos da rede viaria municipal, especialmente as pistas de concentración parcelaria, queden sen desbrozar, co conseguinte deterioro e o incremento do risco de propagación de incendios na época estival.

Para poñer fin a esta situación, o Partido Popular proporá nun próximo Pleno que o Concello reoriente o destino final dos 120.000 euros que dedica cada ano a contratar cunha empresa privada o desbroce de cunetas.

Desbrozar con recursos propios

Entende o Partido Popular que destinando eses 120.000 euros anuais ao mantemento dos tractores municipais e operando esas máquinas con traballadores do Concello se podería multiplicar a superficie desbrozada durante cada exercicio. 

“Dous tractores traballando todo o ano poderían manter perfectamente limpas todas as pistas do Concello de Ordes, a diferenza do que acontece a día de hoxe, no que atopamos camiños practicamente intransitables, tanto polo mal estado do firme, como polo falta de limpeza das súas marxes”, afirma José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz munipal do Partido Popular de Ordes.