·
“Destinar máis de 21.000 euros á reinstalación dun reloxo
revela cales son as verdadeiras prioridades de Regos”, afirma o portavoz municipal
do PP, José Luis Martínez
·
“A factura semella propia do reloxo da Porta do Sol”,
argumenta Martínez Sanjurjo, co agravante de que non permite ver a hora
correctamente durante o día
Ordes, 10 de xaneiro de 2014.- A reinstalación do reloxo na Casa Consistorial de Ordes
custou 21.766,69 euros, segundo consta nunha factura aprobada pola Xunta de
Goberno local á que tivo acceso o Grupo Municipal do Partido Popular.
Para
o Partido Popular de Ordes, a suma de máis de tres millóns e medio das antigas
pesetas que custou a reinstalación do reloxo resulta excesiva e constitúe o
enésimo despropósito das obras de remodelación do vello consistorio que
–recordan- estivo a piques de virse abaixo como consecuencia dunha intervención
mal planificada que afectou á seguridade estructural do edificio.
As prioridades de Regos
“Destinar
máis de 21.000 euros á reinstalación dun reloxo revela cales son as verdadeiras
prioridades de Regos, que pese á intensa crise do momento prefire desatender
servizos básicos e destinar sumas impropias para estes tempos a financiar
medidas que se poderían financiar con presupostos moito máis axustados”, afirma
o portavoz municipal do Partido Popular
de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo.
O
Partido Popular de Ordes presentará no vindeiro pleno municipal diversas
iniciativas para reclamar explicacións sobre este gasto, ao tempo que pedirá
unha relación detallada de todos os gastos que leva efectuado o Concello para a
construcción da súa nova sede e para as obras de consolidación estrutural da
antiga casa consistorial.
“A
factura da reinstalación do reloxo do Concello de Ordes semella propia do
reloxo da Porta do Sol, de Madrid, e non dunha vila con serias carencias en
todos os ámbitos, co agravante de que o novo mecanismo non permite ollar a hora
correctamente durante boa parte do día, xa que tanto os números como as agullas
resultan case invisibles durante as franxas diúrnas de maior intensidade
lumínica”, conclúe Martínez Sanjurjo.