·
“Sorprende
que o Concello cale sobre a cesión das máquinas a unha empresa privada; e xa se
sabe que quen cala outorga”, afirma Martínez Sanjurjo
Ordes, 17 de xaneiro de 2014.- O Partido Popular de Ordes esixe que o Concello recupere
de inmediato a custodia dos dous tractores municipais que están parados e
gardados nunha nave privada, mentres externaliza a limpeza e mantemento das cunetas
por mais de 120.000 euros anuais.
Os
populares ordenses desminten os argumentos do Concello e negan que a
antigüidade dos tractores impida o seu uso, especialmente un deles, que
presenta escasas horas de uso en comparación coa duración media deste tipo de
maquinaria.
A
xuízo do portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes, “sorprende
que o Concello cale sobre a cesión das máquinas a unha empresa privada; e xa se
sabe que quen cala outorga”. Se os tractores non están en condicións de operar
coas desbrozadoras é porque algún responsable político non permite reparalos ou
non quere sometelos a un axeitado mantemento, opina o PP local.
“É evidente
que a alguén lle interesa ter fóra de uso os tractores municipais, do mesmo
xeito que se acredita que esta operación prexudica aos veciños, que padecen a
cotío as consencuencias dun deficiente mantemento da rede viaria municipal”,
engade o portavoz popular.