· O Partido Popular levará o asunto
ao Pleno desta semana, no que tamén reclamará a operatividade dos dous
tractores municipais para desbrozar cunetas
Ordes, 29 de xaneiro de 2014.- As obras acometidas en
datas recentes polo Concello de Ordes na praza de abastos da localidade impiden
que os titulares dos postos podan efectuar a carga e descarga de mercadorías
con normalidade, ao impedir o acceso dos vehículos ás rampas nas que
tradicionalmente se viñan desenvolvendo estes traballos.
O Partido Popular de Ordes
trasladará esta situación ao Pleno ordinario desta semana, no que formulará un
rogo para que o Concello habilite a instalación de rampas de acceso para os
vehículos ata as áreas de carga e descarga utilizadas polos titulares dos
diferentes postos da praza de abastos.
Nesta liña, o Grupo
Municipal do Partido Popular tamén cuestiona que o Concello teña feito
desaparecer da praza de abastos os carteis da obra, especialmente os que
anunciaban que os trababallos de rehabilitación se financiaran con achegas das
administracións autonómica e provincial.
Outros asuntos
O Grupo Municipal do
Partido Popular de Ordes tamén levará ao Pleno, entre outros, os seguintes
asuntos:
· Moción
para instar ao Concello a recuperar a custodia dos dous tractores de
titularidade municipal e as súas correspondentes desbrozadoras, efectuando a
reprogramación económica necesaria para poñelos en servizo e desbrozar a
totalidade da rede viaria de Ordes polo menos unha vez cada ano.
· Rogo
para corrixir o estado de abandono que presenta o contorno das escolas
unitarias de Mercurín e Vilamaior, e a zona verde do parque empresarial de
Ordes.
· Rogo
para que o Concello efectue os trámites necesarios para dotar ao contorno da
igrexa parroquial de Santiago de Vilamaior
dun aparcadoiro con capacidade suficiente.
· Rogo
para que o Concello adopte as medidas necesarias para corrixir os desperfectos
rexistrados en diferentes pistas da parroquia de Lesta como consecuencia de
labores de saca de madeira e se intensifique a vixiancia para evitar que volvan
repetirse sucesos deste tipo.
· Rogo
para que se revise a rede de alumeado público municipal, arranxando as avarías
e efectuando o mantemento necesario para evitar que haxa farolas acesas as 24
horas mentres outras non funcionan.
· Rogo
para arranxar os problemas de visibilidade do novo reloxio da casa
consistorial.
· Petición
de explicacións para que o alcalde aclare se a tenente de alcalde ostenta algún
posto de responsabilidade na dirección do equipo senior da SD Ordes, dada a
frecuencia coa que esta se inmiscúe nas tarefas de responsabiliadde do clubs.