·
O Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras medrará
un 15,38% e a taxa por recollida de lixo un 5,30% en 2014
·
Resulta “cómico” que as ordenanzas fiscais para 2014 que
se debatirán este luns traten de “compensar” subidas abusivas do IBI, do ICIO e
do lixo con exencións para os vehículos
históricos de máis de 25 anos
·
“Pareceríanos mellor e moito máis xusto que se bonificase
o IBI das edificacións propias das explotacións agrarias e o daquelas vivendas
nas que residen persoas con discapacidade”, afirma Martínez Sanjurjo
Ordes, 9 de outubro de 2013.- “Unha nova toma dura de pelo”. Este é o cualificativo que
merece para o Partido Popular de Ordes a proposta de modificación de ordenanzas
fiscais para o exercicio de 2014 elaboradas polo alcalde de Ordes e que serán
debatidas na Comisión de Contas e Facenda prevista para o próximo luns.
Que
na proposta da Alcaldía se fale da conxelación e da rebaixa de taxas municipais para o ano 2014 é considerado polo
portavoz do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como un “insulto á intelixencia
dos veciños”, tendo en conta que ese mesmo documento consolida a suba media do
53% do IBI para os vindeiros 10 anos, aprobada en xuño deste ano cos votos de
UXO, PSOE e CdG.
O ICIO sube un 15,38% e a taxa do lixo un 5,3%
Ao
tempo, o Concello disponse a aplicar unha suba xeneralizada doutros impostos
que aboan practicamente todos os veciños, como a taxa pola recollida do lixo, a
cal subirá de acordo a proposta un 5,3%. No texto si se contempla a bonificación
da taxa por recollida de lixo de baixos desocupados, a cal xa fora no ano 2011
equiparada a unha vivenda, a partir de unha proposta dun concelleiro popular.
O
Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) subirá un 15,38% en
Ordes no exercicio de 2014, como consecuencia de fixar o Módulo Básico de
Construción (MBC) en 600 €/m2, cando ata o de agora se situaba en 520 €/m2.
Fronte
a estas subas, que rebasan amplamente o comportamento do IPC interanual, o
Concello volve tentar enganar aos veciños tratando de camuflar a medida maquillándoa
con hipotéticas rebaixas e exencións
puntuais, que resultan “cómicas”, na medida en que responden a supostos que non
son precisamente habituais. Para “compensar” a suba do IBI e do lixo, o
Concello propón, por exemplo, unha bonificación do 100% no imposto aos
vehículos históricos que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos.
Mellor bonificar o IBI que os vehículos de mais de
25 anos
“Desde
o Partido Popular nada temos que obxectar a que se libre do imposto de
circulación aos vehículos con mais de 25 anos, pero pareceríanos mellor e moito
máis xusto que se bonificase o IBI das explotacións agrarias, das vivendas nas
que residen persoas con discapacidade, ou as que non contan con servizos
municipais adecuados”, afirma Martínez Sanjurjo.