miércoles, 6 de noviembre de 2013

A falta de mantemento das estradas municipais causa problemas en Ordes coa chegada das choivas do outono







·     O PP leva meses advertindo das consecuencias do escaso mantemento da rede viaria municipal mentres o Concello dilapidou sumas inxentes en actuacións innecesarias, descoidando o esencial


Ordes, 6 de novembro de 2013.- As choivas rexistradas o longo do mes de outubro provocaron problemas na  rede viaria municipal de Ordes como consecuencia da falta de mantemento que o Partido Popular ven denunciando desde hai meses.

A falta de limpeza de moitos tramos de cunetas, ou o desbrozamento deficiente, co amoreamento de restos vexetais que tupen canalizacións de pluviais provocaron desbordamentos e encharcamentos que dificultan a circulación dos vehículos, comprometen a seguridade viaria e aceleran o deterioro do firme das vías. 

O Partido Popular continúa a recibir múltiples queixas de veciños de distintas parroquias que padeceron en primeira persoa os efectos desta falta de mantemento, como sucedeu en Pereira, Buscás, Barbeiros, Vilamaior, Parada, Leira, Lesta, ...




O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez, recorda que levan varios meses advertindo ao Concello da necesidade de revisar e reparar as carencias que presentan as estradas e pistas que comunican as parroquias e aldeas de Ordes.

No entanto, o equipo de Goberno optou por facer caso omiso das reclamacións logo de ter gastado cifras elevadas en actuacións innecesarias como o novo Concello o a ampliación da Alameda, mentres descoidou o esencial.