jueves, 12 de septiembre de 2013

Un ano despois de rematar as obras, a rolda leste de Ordes xa presenta fendas e fochancas










·     O PP insta ao alcalde a explicar que control de calidade se fixo

·     Reclama que o Concello esixa a reparación das fochancas que xa presenta o vial que atravesa o polígono empresarial, así como nas inmediacións da rotonda da Gorita

·   Curiosamente, os principias desperfectos rexístranse nun tramo que foi asfaltado a toda presa minutos antes do acto inaugural da rolda leste, en abril de 2012


Ordes, 12 de setembro de 2013.- Pouco máis de un ano despois de entrar en servizo, en abril de 2012, o segundo tramo da rolda leste de Ordes (o que discorre entre a AC-524 pasando polo rotonda da Gorita ata a estrada N-550, atravesando o polígono empresarial) xa presenta fochancas derivadas dunha presunta execución neglixente.

O Partido Popular considera inadmisibles estas deficiencias e recorda que se ben as obras foron pagadas pola Xunta, a contratación, execución e supervisión dos traballos correu a cargo do Concello de Ordes.

Por iso, o portavoz municipal do PP, José Luis Martínez, insta ao alcalde a explicar qué tipo de control de calidade se fixo sobre estes traballos.

Con todo, o Partido Popular presentará unha iniciativa no vindeiro Pleno municipal para que o Concello esixa á empresa adxudicataria a completa revisión da capa de rodadura da rolda leste e a inmediata subsanación dos problemas detectados, que poden ir a máis a medida que as condicións climatolóxicas empeoren coa chegada do outono.

Asfaltado express

Os maiores desperfectos –gretas e fochancas- rexístranse no vial que atravesa o polígono empresarial, un tramo que curiosamente foi asfaltado a toda presa a mesma tarde na que se celebrou o acto inaugural da rolda leste, unha mostra máis das “chapuzas” que se suceden nas obras acometidas baixo a dirección do goberno do Concello de Ordes. Na rotonda da Gorita e nas súas inmediacións tamén se rexistran múltiples desperfectos no firme do vial.