·
Na nova mazá de panteóns que se constrúen no cemiterio do
Balado, o Concello substituíu o cinceiro habitual por unha arqueta prefabricada,
malia que cobrará o aproveitamento dun cinceiro convencional
·
Proporá a aprobación de bonificacións e exención no IBI
para explotacións agrarias, discapacitados, familias numerosas e entidades sen
ánimo de lucro
Ordes, 26 de setembro de 2013.- No Pleno Municipal que se celebrará este xoves en Ordes,
o Partido Popular reclamará que o Goberno local explique as anomalías
detectadas nas obras de ampliación do cemiterio municipal do Balado que se
están a executar neste momento.
Na
nova mazá de panteóns que se están a construír, e na que cada columna debería
estar integrada por catro nichos e un cinceiro convencional, o cinceiro executado
consiste en unha arqueta prefabricada de formigón de 45 x 45 cm, posibilidade
que nada ten que ver coa configuración histórica dos diferentes cemiterios
parroquiais. Sen embargo, o Concello cobrará aos adquirentes dos novos panteóns
o dereito de aproveitamento dun cinceiro convencional que, unilateralmente, e
sen consultar aos futuros donos, foi substituído por unha arqueta que
dificilmente poderá cumprir a finalidade deste tipo de dotacións.
IBI
O
Partido Popular defenderá tamén no Pleno unha moción coa que pretende que o
Concello de Ordes modifique a correspondente
ordenanza fiscal de cara a reducir o importe dos recibos do IBI para edificacións
de explotacións agrarias, das vivendas propiedade de discapacitados e de familias
numerosas; así como a exención para os bens propios das entidades sen ánimo de
lucro. Sen contar coas notificacións erróneas do ano 2013 enviadas en datas
recentes, a recente ponencia de valores e o tipo de gravame aprobado polo
Concello de Ordes fará que o IBI medre un 53% de media en 10 anos.
Outros asuntos que o PP traslada ao Pleno:
Rogos:
·
Para evitar
o uso indebido dos vehículos municipais por parte de persoas alleas ao cadro de persoal do
Concello.
·
Para
instalar unha marquesiña no lugar de O Souto (Beán), facilitando as esperas dos
nenos que utilizan o transporte escolar.
·
Para que o
Concello revise, repare e pinte os pasos de peóns deteriorados.
·
Para que o
Concello dea a coñecer o custe total das festas patronais de Ordes celebradas
en agosto e informe sobre a achega municipal e as doazóns recibidas.
·
Para que o
Concello reclame da empresa titular da vía o mantemento da estrada que comunica
os encoros de San Cosmade e o de Vilagudín.
·
Para
desbrozar e reparar o camiño que discorre preto da estrada de Carballo e que
enlaza o núcleo de O Balado co tanatorio municipal, a través do punto limpo.
Preguntas:
·
Sobre o
importe dunha factura aboada en concepto de mantemento da piscina climatizada
municipal, e sobre os prazos previstos para a realización de obras de mellora
nestas instalacións.
·
Sobre a
aportación, material e económica, efectuada polo Concello ao festival celebrado
no campo da feira a finais de agosto.
·
Sobre as
fochancas aparecidas na Rolda Leste cando transcorreu pouco máis de un ano
desde o remate das obras contratadas polo Concello.