·
Un desprendemento na ponte de Prado Novo, entre Meitufe e
a Porta do Nó, obriga desde xaneiro aos veciños a efectuar desvíos de varios
quilómetros
·
O PP considera escandaloso que cos 15.000 euros
adxudicados en febreiro para as obras só se colocasen carteis de desvío e se
fixera un valo de terra para impedir que os coches se acerquen á ponte

Un
desprendemento producido a mediados de xaneiro na ponte do Prado Novo
(construída sobre unha tubaxe metálica de gran diámetro), situada na cola do
encoro de San Cosmade, provocou o peche ao tráfico da vía, o que obriga aos
veciños a efectuar desvíos de varios quilómetros para os seus desprazamentos
habituais. Ademais, un dos desvíos alternativos, a través dun camiño de
concentración parcelaria, sen asfaltar e repleto de pedras soltas e fochancas,
resulta dificilmente transitable.

Chama
a atención que na Xunta de Goberno Local do pasado 14 de febreiro se adxudicou
un contrato de obra menor por valor de 15.185 euros para a reparación desta
ponte e cinco meses despois, o Concello se limitou a colocar indicadores de
desvío e a cortar o acceso á ponte cun valado de terra en Meitufe.

·
Adxudicar o contrato menor de obras “Reparación ponte en Meitufe”, con cargo á partida 453.210.00 do orzamento municipal, a ... por importe de EUROS QUINCE MIL CENTO OITENTA E CINCO CON CINCUENTA (15.185,50)
[12.550,00 prezo + 2.635,50 ive].
“É
escandaloso que o Concello de Ordes gastara 15.000 euros en carteis e nun valo
de terróns, mentres a pista segue cortada”, afirma José Luis Martínez, portavoz
municipal do PP, que tamén pregunta ao alcalde por qué non aproveita a bonanza
climatolóxica desta época para acometer as obras, dado que no inverno afirmou
que non se podía traballar mentres non deixara de chover.