·
O PP local denuncia o “absoluto desinterese do Concello”
en todos os aspectos, como se pode comprobar tamén nos centos de quilómetros de
pistas que continúan sen desbrozar a día de hoxe
Ordes, 19 de xullo de 2013.- Malia as
reiteradas demandas formuladas polo Partido Popular, tanto en Pleno como en
Comisión, o Concello de Ordes continúa sen asumir o control e o mantemento de
servizos públicos, como o do alumeado, o que xera malestar veciñal e
sobrecustes na factura municipal.
Como
exemplos desta situación, o Partido Popular ven denunciando desde hai meses a
existencia de numerosas farolas que permanecen acesas día e noite, sen que os
servizos municipais as revisen, mentres que hai veciños que se queixan da
existencia de outros puntos de luz que non funcionan pola noite, ou presentan
una baixa eficiencia lumínica.
A
maiores, o Partido Popular advirte dos riscos de seguridade que implica este desinterese
do Concello, como acontece na Rúa da Reverencia, preto do entronque coa Rúa do
Recreo, onde un vehículo colisionou cun poste. En lugar de substituílo ou revisar a súa suxeición ao terreo sobre o que
se asenta, o poste foi atado cun cordón a unha parede próxima, sen que o
Concello se decida a tomar cartas no asunto, ignorando os evidentes riscos de
derrubamento, e co conseguinte perigo para os condutores e peóns que transiten
por esa vía. Nesa mesma rúa, un segundo poste presenta un risco de caída
similar.
Unha nova chapuza cada día

Pistas sen desbrozar pese ao risco de incendios
O
Partido Popular de Ordes agrega que “o absoluto desinterese do Concello”
abrangue todos os aspectos da súa competencia, como queda tamén acreditado coa
existencia de centos de quilómetros de pistas que continúan sen desbrozar a día
de hoxe, cos riscos que isto implica, tanto para o mantemento dos viais, a
seguridade o tráfico ou a propagación de incendios na época de máximo risco.
De
feito, o Partido Popular leva semanas recibindo queixas dos veciños, tanto pola
falta de mantemento, como polas “chapuzas” cometidas en boa parte dos puntos onde
se efectuaron tarefas coas desbrozadoras.