·
O
portavoz municipal reuniuse recentemente cos afectados e onte volveu expresar o
seu apoio ao colectivo no Pleno municipal.
Ordes, 24 de xullo de 2013.- O Partido Popular de Ordes aproveitou
o Pleno municipal celebrado onte para reiterar o seu apoio ao cadro de persoal
do parque de bombeiros da localidade, sumándose a declaración institucional
conxunta para trasladar o apoio da Corporación a este colectivo e apoiando as
súas reivindicacións laborais.
Previamente, a pasada semana,
José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP, visitou aos bombeiros no
parque comarcal para coñecer a súa situación e interesarse polo conflicto
laboral do que son protagonistas.
Nesta liña, Martínez Sanjurjo
expresoulles xa daquela, como volveu facer onte, o seu apoio ao mantemento das quendas de garda de 24 horas,
ao tempo que puxo de manifesto o seu recoñecemento ao labor “esencial” que
desenvolve este colectivo, non só en tarefas de extinción de incendios, senón
tamén en intervencións derivadas de emerxencias de todo tipo.
Con todo, Martínez Sanjurjo,
recoñece que a Xunta de Galicia carece de competencias neste asunto, na medida
en que se trata dun conflicto laboral entre a empresa adxudicataria da xestión
(Veicar, S.L.) e os seus empregados, polo que as diferenzas deben ser resoltas
entre as dúas partes; desexando que canto antes poidan reconducir tódalas
disputas cara un acordo satisfactorio.