·
Martínez Sanjurjo insistiu en reclamar un plan integral de
mantemento e limpeza para as estradas de titularidade municipal, porque “canto
máis empeore o seu estado, máis custará a súa recuperación no futuro”.
·
Insta ao conselleiro socialista que apoiou a UXO na
aprobación dos Orzamentos a que explique “con qué caramelo o convenceron”.
·
A débeda bancaria do Concello de Ordes incrementouse nun
430% desde a chegada de Regos á Alcaldía.
Ordes, 20 de xuño de 2013.- O Partido Popular de Ordes votou hoxe en contra da
aprobación inicial do Orzamento Municipal para 2013 por entender que entre o
documento orzamentario e a realidade media un “abismo”, como o poñen de
manifesto os desfases rexistrados nos últimos exercicios.
O
portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo,
acusou ao Executivo local de presentar os orzamentos cun retraso mínimo de
medio ano e recordou que, como indica o informe do interventor, non se deben
presupostar gastos sen ter garantidos os ingresos necesarios para efectuar os
pagamentos.
Estradas e pistas en mal estado
Como
alternativa, Martínez Sanjurjo, reclamou incluír nos orzamentos de 2013 un plan
integral para o mantemento e limpeza dos 1.600 km de estradas e pistas de
titularidade municipal para equiparar o
estado destas vías co que presentan as de concellos limítrofes. “Canto máis empeore o estado destas pistas e
estradas, máis custará afrontar a súa recuperación no futuro”, aseverou o
voceiro popular.
Regos, o Zapatero de Ordes
Martínez
Sanjurjo cuestionou con dureza a xestión desenvolvida polo Goberno de Regos nos
últimos anos. A xuízo do PP, “Regos fixo como Zapatero, pensou que a crise era
algo pasaxeiro e que podía seguir a gastar o que non tiña porque pensaban que o
déficit e a débeda son verbas baleiras de contido”, afirmou Martínez Sanjurjo.
Como exemplos
desa xestión errónea, o portavoz popular sinalou que, do orzamento de Ordes
para 2013, tan só 344.000 euros financiados con fondos dos impostos dos veciños
irán destinados a investimento directo, en beneficio dos veciños. Pola contra,
resulta alarmante, que o importe dos xuros da débeda a longo prazo no mesmo
exercicio 2013 acada os 358.000 euros. Cifra esta que supera aos investimentos
financiados con fondos propios.
9 millóns de euros de débeda
No
seu conxunto, a débeda do Concello de Ordes a curto e longo prazo suma 9 millóns
de euros, e non podemos esquecer os xuros que nalgún dos préstamos acadan o
7,25%.
O
voceiro popular cuestionou tamén a subida de impostos impulsada polo Concello
de Ordes no último ano, cun “catastrazo” que incrementou en máis de 400.000
euros a recadación do IBI urbano.
Na
súa intervención, Martínez Sanjurjo instou tamén ao concelleiro socialista que
co seu voto permitiu a aprobación do Orzamento a que explicase en público “con
qué piruleta ou caramelo o convenceron en esta ocasión” para apoiar ao equipo
de Goberno; pois das peticións que vendeu no ano 2012, non se viron os
resultados por ningún lado.
A débeda municipal multiplicouse con Regos
No
mesmo pleno, o Partido Popular votou tamén en contra da aprobación da Conta
Xeral do Concello de Ordes correspondente ao exercicio de 2012.
Neste
punto, Martínez Sanjurjo criticou o elevado crecemento da débeda municipal
desde a chegada de Manuel Regos á Alcaldía. Recordou, que mentres en 2007 a
débeda a longo prazo do Concello de Ordes supoñía 119 €/veciño, na actualidade,
seis anos despois, supón 515,56 €/veciños, é dicir, á débeda municipal incrementouse
nun 430%.
Paralelamente,
Martínez Sanjurjo cuestionou tamén as horas ás que o Alcalde de Ordes convoca
os plenos extraordinarios (hoxe, ás 08,00 h), cando os ordinarios adoitan
celebrarse sobre as 20,00 horas do derradeiro xoves de cada mes. O voceiro
popular atribuíu estas convocatorias a un intento de desincentivar a
participación dos concelleiros da oposición, que se deben ausentar dos seus postos
de traballo para poder acudir a estar reunións extraordinarias.