· Martínez Sanjurjo, portavoz do PP, esixe ao alcalde que
explique por qué non se supervisou o proxecto, porqué se adxudicou o contrato
antes da aprobación do expediente, por qué non se esixiu a execución inmediata
e por qué non se reclamou a contratación
de parados de Ordes.
· Tamén pedirá que se corrixan os defectos que subsisten
logo das obras de arranxo dunha parte do Campo da Feira, executadas o ano pasado.
· Reclamarán unha relación dos contratos adxudicados por
procedemento negociado e sen publicidade, o sistema máis utilizado polo
Concello.
Ordes, 29 de maio de 2013.- O Partido Popular
de Ordes aproveitará o pleno ordinario desta semana para reclamar do alcalde
explicacións sobre as irregularidades detectadas polo Tribunal de Cuentas nas
obras de ampliación do tanatorio municipal, financiadas con cargo ao Plan E.
José
Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes, formulará unha
batería de preguntas no Pleno para tentar que o alcalde dea a cara a explique por
qué non se supervisou o proxecto, por qué se adxudicou o contrato antes da
aprobación do expediente, por qué non se esixiu a execución inmediata e por
qué non se esixiu a contratación de
parados de Ordes.
O Informe de Fiscalización de las
contrataciones desarrolladas por las entidades locales en relación con las
inversiones financiadas por el fondo estatal de inversión local creado por el Real Decreto-Ley 9/2008, de 28
de noviembre publicado polo Tribunal de Cuentas, desvela que na reforma do
tanatorio municipal de Ordes non se levou a cabo a supervisión do proxecto
prevista no artigo 9 da LCSP (Lei contratos sector público), que se adxudicou o
contrato antes da aprobación do expediente, que se incumpriu o requisito de
execución inmediata, e que non se incorporou cláusula de penalización por
incumprimentos de contratación en catro contratos formalizados polo Concello.
“Levamos
moito tempo chamando a atención sobre as anomalías de xestión do Concello de
Ordes, e este informe do Tribunal de Cuentas acredita a veracidade das
denuncias efectuadas polo Partido Popular”, afirma Martínez Sanjurjo, que
considera que, dada a gravidade das anomalías detectadas, “alguén debería
asumir responsabilidades políticas; ben o alcalde, ben o concelleiro responsable
desas obras”. “Á vista dos feitos, calquera podería pensar que Ordes é un
concello sen lei, polo escaso cumprimento das normas que caracteriza o proceder
do equipo de Goberno local”, conclúe o portavoz do PP local.
Outros asuntos
Ao
pleno previsto para o vindeiro xoves, e ademais dos asuntos que quedaron
pendentes do pleno ordinario de abril, o Partido Popular de Ordes trasladará
tamén, entre outros, os seguintes asuntos:
·
Moción para instar
ao Concello de Ordes a adoptar medidas para minimizar e compensar os danos
ocasionados polo xabaril no contorno do encoro de San Cosmade, nas parroquias
de Leira e Ardemil.
·
Rogos:
o
Controlar os
farois de alumeado público que permanecen acendidos as 24 horas e reparar os
avariados.
o
Repintar o
paso de peóns da rúa Rosalía de Castro, preto da intersección coa Rúa Nova.
o
Corrixir as
deficiencias que subsisten logo das obras efectuadas nunha parte do mercado do campo
da feira e que impiden que veciños e vendedores podan acceder a un tramo
sobreelevado situado entre a Rúa do Muíño e o Campo da Feira.
·
Preguntas:
o
Sobre o
custe das obras efectuadas na fonte de Faramilláns (Buscás).
o
Sobre o
importe ao que ascende a totalidade das facturas aboadas, e pendentes de
pagamento por parte do Concello de Ordes,
en concepto de asesoramento e defensa xurídica, desde o comezo do pasado
mandato.
o
Sobre as
previsións do Concello de Ordes en relación coa posta en servizo do novo
depósito de auga potable de Merelle, rematado hai dous ano, pero sen conexión á
rede de abastecemento por un erro municipal.
o
Sobre os contratos
tramitados polo Concello de Ordes,
especificando cales se tramitaron por procedemento negociado sen publicidade, o
máis utilizado polo equipo de Goberno.