·
O PP local trasladará esta carencia ao Pleno do xoves,
para esixir a limpeza de todas as pistas
·
Tamén pedirá que a Corporación inste a GESUGA a eliminar
os cheiros que desprende a factoría da Areosa e que afectan a diferentes
núcleos de Ordes
Ordes, 26 de xuño de 2013.- O Partido Popular de Ordes presentará no Pleno deste
xoves unha iniciativa para instar ao Concello a desbrozar a totalidade das vías
de titularidade municipal, logo de recibir numerosas queixas dos veciños, que
acusan ao Goberno local de se desentender da limpeza das marxes da maior parte
das pistas secundarias.
O
desbroce das vías que adoita facerse nesta época do ano responde a unha triple
necesidade: facilitar o tránsito de vehículos, garantir o bo estado das vías e
contribuír á prevención dos incendios forestais na época de maior risco.
Sen
embargo, tal e como denuncian os veciños, o Concello de Ordes deixa sen
desbrozar gran parte das vías de súa titularidade. E este feito vese agravado
pola escasa pericia coa que se desenvolven os traballos de desbroce, que deixan
moreas de material vexetal ao carón das
taxeas que dan acceso a fincas e vivendas, e mesmo atullan conducións de
pluviais.
Cheiros de GESUGA
Paralelamente,
o Partido Popular formulará un rogo para que a Corporación Municipal se dirixa
á empresa GESUGA (dedicada á xestión integral de produtos cárnicos non
destinados ao consumo humano, ubicada na Areosa, en Cerceda, pero lindando con
Ordes) para que efectúe as operacións técnicas necesarias para eliminar os
cheiros que desprenden as instalacións e que estes días sofren os veciños das
áreas próximas.
Outros asuntos que o PP levará ao Pleno:
·
Rogo para
repoñer a sinalización no Camiño Inglés ao seu paso polo núcleo de Carrás, en
Montaos.
·
Rogo para
que o Concello retranquee un poste de madeira situado na metade dun paso de
peóns situado no cruce da rúa Compostela coa Avenida Alfonso Senra.
·
Rogo para
revisar e acondicionar os depósitos de
captación de auga para os vehículos contraincendios.
·
Pregunta
sobre as contradicións do Concello en relación co proxecto de reconstrución da
antiga Casa Consistorial.
·
Pregunta
polo criterios seguidos polo Concello para solicitar préstamos e polas razón
que o levan a pagar xuros que superan en case 2 puntos aos anunciados
inicialmente.
·
Pregunta sobre
as previsións do Goberno local respecto á hipotética posta en servizo dos
tractores municipais dedicados a traballos de limpeza da rede viaria pública.