·
Recorda as carencias que presentan a maior partes das
pistas que comunican entre sí ás aldeas e parroquias do municipio e considera
que o momento axeitado de arranxalas é ao remate do inverno
· As pistas de Ordes presentan o peor estado dos últimos 25
anos porque o alcalde preferiu gastar no novo Concello que en resolver os
problemas reais
Ordes, 13 de abril de 2013.- O Partido Popular de Ordes reclamará no vindeiro Pleno a
elaboración e execución dun programa de arranxo das diferentes pistas de
titularidade municipal que comunican entre sí as distintas aldeas e parroquias
do Concello, dadas as numerosas deficiencias que presentan como consecuencia da
falta de mantemento que veñen padecendo desde hai anos. Un programa que da orixe a un plan de mantemento integral nos viais de índole local, mais aló das
obras que se acometan con fondos da Deputación a través dos POS.
O
portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez, considera que o momento
axeitado para afrontar as reparacións das diferentes vías é o actual, unha vez
rematado o inverno que agravou o deterioro que presentan a maior parte dos
viais.
Recordan
os populares de Ordes que aínda que o Concello argumenta con frecuencia que
dispón dun contrato para o mantemento das vías de titularidade municipal, tal
plan “é fume” e só sirve para pagar favores contraídos polo alcalde durante a
campaña electoral.
Inventario de desperfectos
Para
superar a situación actual, o PP de Ordes propón que técnicos independentes
revisen a totalidade das vías públicas que son responsabilidade municipal,
elaboren un inventario de desperfectos e necesidades e se programe un plan de
traballo, cun horizonte temporal determinado e dotación económica específica
incluída nos orzamentos 2013 (aínda sen aprobar). Só deste xeito, argumentan os
populares locais, se poderá facer fronte ás fochancas e gretas que presentan a
práctica totalidade das pistas deste Concello.
O alcalde, responsable por non saber priorizar
“Nunca,
nos últimos 25 anos, as pistas de Ordes presentaron un estado tan lamentable
como o actual e o seu responsable ten nome e apelidos: Manuel Regos, que
preferiu gastar os cartos dos veciños nun novo concello en lugar de atender as
necesidades dos contribuíntes que lle pagan o soldo”, conclúe Martínez
Sanjurjo.