·
A débeda de todos os concellos da provincia supón unha
media de 284 euros por habitante, que no caso de Ordes ascende a 539
euros/veciño
·
O Ministerio de Facenda certifica o elevado endebedamento
do Concello de Ordes, que se sitúa como o sétimo que máis debe de toda a
provincia
·
O PP de Ordes atribúe a situación á irresponsable xestión
de Manuel Regos, que “fundiu” estes sete millóns de euros de costas aos veciños
e sen acometer ningunha obra necesaria
Ordes, 20 de abril de 2013.- O informe sobre débeda viva das administracións locais,
publicado polo Ministerio de Facenda certifica o elevado endebedamento do
Concello de Ordes, que a pesar de contar con menos de 13.000 habitantes, se
converte no sétimo máis endebedado de toda a provincia da Coruña, por diante de
municipios con moita máis poboación.
Os
datos publicados polo Ministerio de Facenda (accesibles premendo aquí: http://www.minhap.gob.es/es-ES/Areas%20Tematicas/Administracion%20Electronica/OVEELL/Paginas/DeudaViva.aspx) poñen de manifesto que mentres a totalidade da débeda a
longo prazo dos 94 concellos da provincia da Coruña supoñen unha media de 284
€/habitante, en Ordes, esa media elévase ata os 539 €/veciño.
Acredítase,
deste xeito, a veracidade das reiteradas advertencias efectuadas desde o
Partido Popular de Ordes, que leva tempo insistindo nos graves prexuízos que se
derivan da irresponsable espiral endebedadora impulsada polo alcalde Manuel
Regos.
“O
peor de todo –afirma José Luis Martínez, portavoz municipal do PP de Ordes- é
que malia os sete millóns de débeda viva fundidos polo alcalde, e que a día de
hoxe pesan sobre as carteiras de todos os veciños, o Concello continúa sen
acometer ningunha obra importante ou útil para os contribuíntes: as pistas
están cheas de fochancas e sen mantemento, seguimos sen casa da xuventude; o
deterioro da piscina cuberta vai a máis, e así un longo etcétera de carencias”.
Con
todos, Martínez Sanjurjo adianta que o volume total da débeda do Concello de
Ordes excede amplamente os 7 millóns de euros contabilizados polo Ministerio de
Facenda, dado que nese cómputo non se inclúen as obrigas a curto prazo das
numerosas facturas amoreadas nos caixóns da Casa Consistorial.
DÉBEDA VIVA DO CONCELLO DE ORDES A 31/12/2012
DATOS DE INTERESE:
Municipio
|
Poboación
(Cifras oficiais a 1 de xaneiro de 2012)
|
Débeda
31/12/2012 (Miles de €)
|
Coruña (A)
|
246.146
|
79.500
|
Santiago de Compostela
|
95.671
|
63.832
|
Ferrol
|
71.997
|
32.553
|
Narón
|
39.238
|
11.943
|
Culleredo
|
29.416
|
9.328
|
Boiro
|
19.165
|
7.587
|
Ordes
|
12.963
|
6.998
|
|
|
|
Ribeira
|
27.778
|
6.811
|
Ames
|
29.331
|
5.446
|
Oleiros
|
34.836
|
4.968
|
Provincia da Coruña. Habitantes (*)
|
1.143.911 hab.
|
Débeda viva total Concellos provincia da Coruña.
|
325.005.000 €
|
Débeda municipal per cápita provincia Coruña
|
284,1 €/habitante
|
Concello de Ordes. Habitantes (*)
|
12.963 hab.
|
Débeda viva Concello de Ordes.
|
6.998.000€
|
Débeda municipal per cápita Ordes
|
539,8 €/habitante
|
(*) Cifras
oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2012. IGE