· Malia
ter consumido un gasto superior a un millón de euros, os baixos presentan
gretas e filtracións de auga que o Concello é incapaz de corrixir debido a
incorrecta planificación e execución das obras

Os desperfectos poden apreciarse
a simple vista, tanto no interior das salas de reunións construídas debaixo da
Alameda, como no exterior da propia estructura, sen que o Concello de Ordes
teña sido capaz de corrixir estes problemas.
Execución deficiente das obras
Técnicos consultados polo
Partido Popular de Ordes conclúen que estes problemas teñen a súa orixe nunha
deficiente execución das obras, feito que dificulta a solución destas
carencias.
De feito, e malia as reiteradas
peticións de explicacións cursadas polo Grupo Municipal do Partido Popular, o
Concello sempre evitou ofrecer
explicacións sobre o sucedido, dadas as carencias que caracterizaron
tanto a execución da obras, como a dirección da mesma e o control de calidade
dos traballos.
“O paso do tempo acabou dándolle
razón ao Partido Popular: a ampliación da Alameda nin era necesaria nin foi
executada correctamente. O único certo é que o Concello de Ordes gastou máis de
un millón de euros nunha obra chapuceira, que ninguén demandaba e que agora
desborda humidade por múltiples puntos”, conclúe José Luis Martínez Sanjurjo,
portavoz municipal do Partido Popular de Ordes.