· A avaría dun camión de grandes dimensións no centro da
vila causou dificultades ao tráfico rodado este mércores durante varias horas
Ordes, 7 de marzo de 2013.- O Partido Popular de Ordes insta ao Concello a implantar
medidas disuasorias eficaces para desviar a través da rolda leste o tráfico
pesado e evitar, deste xeito, que os camións circulen polo centro da vila, como
están a facer na actualidade, a pesar de dispoñer dun vial de circunvalación
alternativo.
A
proposta do Partido Popular xurde logo de que durante a xornada de onte,
mércores, un camión avariado de grandes dimensións dificultase o tráfico rodado
polo centro da vila durante varias horas. O vehículo estivo inmobilizado con
dirección Coruña no semáforo que regula o cruce da Avenida Alfonso Senra
(N-550) coas rúas do Recreo e dos Lagartos.
O
Partido Popular tamén interpelará ao Goberno local no vindeiro Pleno en relación
con este asunto, xa que diversos conductores lle fixeron chegar o seu malestar
pola ausencia continuada de efectivos da policía local regulando o tráfico, a
pesar do trastorno provocado polo camión avariado ata ben entrada a noite.
Entre
as posibles medidas disuasorias a implantar para evitar que o tráfico pesado
atravese o centro de Ordes, o Partido Popular propón a substitución das actuais
sinais de prohibición por outras máis visibles e implicar activamente á Policía
Local para que obrigue ao tráfico pesado a utilizar a rolda leste, en especial
nas horas diurnas.