·
Despois
de varios anos abandonadas polo Concello, boa parte das pistas que comunican as
diferentes aldeas e parroquias de Ordes precisan con urxencia obras de mellora,
que o PP pretende executar con cargo aos máis de 400.000 euros do Plan de Obras
e Servizos de 2013
Ordes, 13 de novembro de 2012.- O Partido Popular de Ordes defenderá
ante a comisión informativa e proporá no vindeiro Pleno Municipal, destinar a
partida de máis de 400.000 euros da que disporá este Concello con cargo ao Plan
de Obras e Servizos de 2013 da Deputación Provincial da Coruña, á execución de
obras de acondicionamento e reparación de boa parte da rede viaria municipal no
rural, logo de varios anos de abandono.
O Grupo Municipal do Partido
Popular rexistrou xa a súa proposta, coa que pretende negociar prioridades ante
os restantes grupos que integran a Corporación de Ordes, nun intento de poñer
ao día boa parte das pistas que comunican as diferentes aldeas e parroquias de
Ordes.
Deficiente estado de conservación
“Esta rede viaria presenta, na
actualidade, un deficiente estado de conservación, dada a nula atención
prestada polo Goberno local a estes equipamentos nos últimos anos. Regos deulle
as costas ás parroquias e preferiu gastar inxentes cantidades de cartos en
obras innecesarias e non demandadas, como a ampliación da Alameda ou a nova
Casa Consistorial, a pesar de que con ese elevado volume de recursos económicos
podería ter promovido actuacións moito máis útiles”, afirma José Luis Martínez
Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular.
AS ACTUACIÓNS PROPOSTAS POLO PARTIDO POPULAR PARA VALORAR PRIORIDADES SON
AS SEGUINTES:
ARDEMIL:
- Pista á Barcula dende o cruce que vai a baixa
de Ardemil.
BARBEIROS:
- Pista a Aldeiña
- Pista desde O Cruceiro a Fondo da Aldea
BUSCÁS:
- Pista en Pumariño.
- Pista desde A Rúa á N-550, por Esmorís.
LEIRA:
- Pista desde Meitufe de Arriba
ata o cruce entre O Castro e A Pedreira.
MONTAOS:
- Pista que vai dende a principal de A
Sobreira-Fosado, cara Zan ata o límite
do termo municipal con Oroso.
- Tramo en peor estado que comunica os núcleos de Chan e Vixide cara
o núcleo de A Costa.
PEREIRA:
- Pista a Aldea de Baixo
BEÁN:
- Aglomerar o remate que falta contra o
Concello de Oroso despois da Aldea de Abaixo e Puzos.
- O remate que quedou contra o
Concello de Oroso (Recouso-Marzoa) dende o cruce que desvía cara o Cercedo.
VILAMAIOR:
- Casa do Monte, tramo de acceso ás vivendas.
- Pista de Melante a Fondo da Aldea.
- Pista que comunica A Casanova con O Carballo.
- Pista que comunica A Lanza co
local social de Vilamaior e Os Marchás.
- As Corredoiras, acceso ás vivendas situadas
mais ó sureste.
- Patrocelos, camiño de entrada ás vivendas.
- Primeiro tramo da pista entre Adrán e Casa do Monte.
POULO:
- Pista dende A Senra, por Blanca, Outeiro,
diante da Igrexa ata A Costa (vía de servizo da AC-524)
LESTA-MERCURÍN:
- Estrada que comunica o núcleo de Lesta con
Pepín
- Pista entre Os Abeneiros e O Pazo
PARADA:
- Pista dende O Piñón a O Quinto (AC-413)
- Pista de O Pazo a As Fontenlas
- Varios tramos que comunican entre
si as casas do lugar de Cestaños.