·
O portavoz municipal do PP local, José Luis Martínez
Sanjurjo, aproveitará estes encontros para recabar propostas veciñais que logo
trasladará ao Pleno
Ordes, 10 de novembro de 2012.- O Partido Popular de Ordes iniciará o próximo domingo,
18 de novembro, unha rolda de reunións cos veciños das diferentes parroquias do
Concello cun dobre obxectivo: materializar o compromiso de diálogo permanente
adquirido durante a campaña das municipais, e recabar propostas relacionadas
coas necesidades de cada parroquia para logo trasladalas ao Pleno municipal.
As
primeiras reunións celebraranse nas parroquias de Bean (ás 10,45 horas do domingo
18 de novembro, na casa reitoral) e en Pereira (ese mesmo día, ás 12,00 horas,
no local social).
“Nunha
lexislatura na que o Concello de Ordes deu as costas ás parroquias, o Partido
Popular inicia unha rolda de visitas para explicar aos veciños a verdadeira
situación do Concello de Ordes e, ao tempo, elaborar un inventario de
necesidades que despois defenderemos no Pleno municipal”, afirma José Luis
Martínez Sanjurjo, portavoz do grupo municipal do PP.
O PP fala coa xente, mentres Regos se agocha no
despacho
A xuízo
do portavoz popular, “a actitude aberta e dialogante do PP contrasta coa
cerrazón do alcalde e o seu grupo de Goberno, que levan preto de seis anos
pechados nos seus despachos, sen falar coa xente e ignorando os problemas reais
dos veciños de Ordes”.
“Esta
é a realidade: o PP fala coa xente e interésase nos seus problemas, mentres Regos
se parapeta no seu despacho para evitar as críticas que suscitan medidas como a
revisión de valores que provocou a subida do IBI ou a ausencia de resposta do
Concello fronte ás crecentes necesidades dos veciños das parroquias e da vila”,
agrega Martínez Sanjurjo.