jueves, 8 de noviembre de 2012

A Asociación contra o Cancro de Ordes celebra a segunda edición da súa cea benéfica anual para recadar fondos



·      Terá lugar o próximo sábado 10 de novembro, ás 21,30 horas, no Restaurante O Túnel, onde xa se poden efectuar as reservas a un prezo de 25 euros/comensal

·      Asistirá a presidenta provincial da AECC da Coruña, Elena Viturro

·      Os organizadores sortearán entre os asistentes diferentes agasallos doados por comercios e empresas de Ordes



Ordes, 5 de novembro de 2012.- A delegación da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) en Ordes celebrará o próximo sábado, 10 de novembro, ás 21,30 horas, a segunda edición da súa cea benéfica anual orientada a recadar fondos para financiar as actividades desta entidade sen ánimo de lucro e concienciar á sociedade sobre esa doenza.

A presidenta da delegación local da Asociación contra o Cancro en Ordes e organizadora do evento, Emilia Vázquez, anima aos veciños a asistir a esta cea benéfica, que se celebrará no Restaurante O Túnel, onde xa se poden efectuar as reservas e adquirir os vales de asistencia, a un prezo de 25 euros por comensal.

Durante a cea, os organizadores sortearán diferentes agasallos cedidos de balde por empresas e comercios da vila.

A cea benéfica contará coa asistencia da presidenta provincial da Asociación  Española contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro.

A organización tamén habilitou unha “Mesa Cero” para aquelas persoas que desexen colaborar economicamente coa Asociación Española contra o Cancro aínda que non asistan á cea.