viernes, 23 de noviembre de 2012

O PP de Ordes continúa esta fin de semana a rolda de reunións veciñais nas parroquias



·      O venres reúnse cos veciños de Barbeiros, o sábado cos de Poulo e o domingo en Vilamaior

·      “Mentres o alcalde cambia de acera para evitar cruzarse cos veciños, o PP da a cara e vai ao encontro dos problemas da xente”, afirma Martínez Sanjurjo

Ordes, 23 de novembro de 2012.- O Partido Popular de Ordes continúa esta fin de semana a rolda de reunións que está a celebrar nas diferentes parroquias para explicar o labor de oposición que está a desenvolver no Concello e tomar nota das necesidades dos veciños coa intención de plantexalas logo no Pleno e nas comisións municipais.

Este venres, 23 de novembro, ás 21,00 horas, o portavoz municipal do Partido Popular, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado de outros concelleiros populares da corporación, reunirase cos veciños de Barbeiros  no local da escola, no Cruceiro.

Mañá sábado, ás 21,00 horas, a reunión será cos veciños de Poulo, na casa da escola, en A Senra.

Xa o domingo, 25 de novembro, ás 13,00 horas, a reunión será cos veciños de Vilamaior, no local social da escola de Os Marchás.

Xa a próxima semana, o venres 30 de novembro, ás 21,00 horas, a reunión será no local social de Buscás.

Martínez Sanjurjo enmarca estes encontros no compromiso adquirido na campaña das pasadas eleccións municipais, na que asegurou que o Partido Popular estaría sempre ao carón dos veciños e veciñas. E argumenta que “mentres o alcalde cambia de acera para evitar cruzarse cos veciños, o PP da a cara e vai ao encontro dos problemas da xente”, afirma Martínez Sanjurjo.