·
O voceiro municipal do PP defenderá no Pleno deste xoves
unha iniciativa para que o Concello publique na súa web todos os procedementos de contratación
municipal
·
“A transparencia é o mellor antídoto contra as prácticas
que conlevan á sospeita de calquera tipo de irregularidade”, afirma Martínez
Sanjurjo
·
Entre outras iniciativas que formulará no Pleno, o PP
tamén esixirá explicacións sobre a falta de control sobre o uso dos vehículos
oficiais do Concello, que mesmo deixa os tractores municipais a unha empresa
privada
Ordes, 28 de novembro de 2012.- O Partido Popular de Ordes, que “observa con incredulidade como as diferentes
contratacións efectuadas polo Concello de Ordes se desenvolven nun círculo
pechado, de costas ao principio de transparencia”, reclamará no Pleno desta
semana que o alcalde e o equipo de Goberno
publiquen na web municipal todos os procedementos de contratación
efectuados pola Administración local, incluidos os procedementos negociados e
os expedientes de obra menor.
A
través dunha moción que defenderá no Pleno deste xoves, o PP local pretende que
o Concello dote de contido o “perfil do contratante” da web municipal e agarda
contar co respaldo dos restantes grupos da oposición para levar adiante esta
medida.
José
Luis Martínez, portavoz municipal do PP de Ordes, considera que “a
transparencia é o mellor antídoto contra as prácticas que conlevan á sospeita
de calquera tipo de irregularidade”.
Ademais,
no Pleno que se celebrará este xoves, o Partido Popular de Ordes presentará
outras iniciativas como:
·
Moción para
mellorar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade no lugar de Vilariño
(Buscás).
Rogos:
·
Rogo para
que o Concello revise e arranxe os desperfectos que presentan boa parte das
“illas verdes” repartidas polas distintas parroquias.
·
Rogo para
que o Concello limpe e acondicione as cunetas e taludes da pista que comunica a estrada AC-413 co
lugar de Cestaños (Parada).
·
Rogo para
que o concello autorice a manter abertos os baños do local social de A Baixa de
Ardemil coincidindo coa celebración de oficios relixiosos na igrexa parroquial.
·
Rogo para que
o Concello mellore a iluminación e sinalización na rotonda que enlaza a rolda
leste coa AC-524 e a AP-9.
·
Rogo para
podar as ramas que nun treito de pista entre Pruzos e A Hermida (Beán)
dificultan o paso do autobús do transporte escolar.
·
Rogo para
que o Concello repoña a subministracion de auga na fonte pública situada entre
os lugares de Pontello e A Igrexa, en Beán.
·
Rogo para
que o Concello inste ao organismo titular a arranxar os desperfectos que
presentan as vías de servizo que discorren paralelas á estrada N-550 ao seu
paso por Ordes.
·
Rogo para
que o Concello arranxe os desperfectos derivados da existencia de baldosas
soltas en varias rúas da vila.
·
Rogo para
que o Concello efectúe os traballos de limpeza e mantemento da senda verde que
enlaza O Paraíso coa ponte da Pinguela, e que presenta un estado intransitable
nalgúns tramos.
·
Rogo para
que solvente a confusión na sinalización horizontal nos pasos de peóns da Rúa
República Arxentina na intersección con Alfonso Senra, e se vixíe o incorrecto
estacionamento de vehículos.
Preguntas:
·
Sobre a
participación do Concello na edición dunha revista de ámbito local.
· Sobre o
control/descontrol do Concello de Ordes sobre o uso dos vehículos oficiais de
titularidade municipal e o gasto xerado
en combustible, reparacións e seguros.
·
Sobre quen
autorizou, e as razóns, que os tractores municipais sexan custodiados por unha
empresa privada.
·
Sobre o
tratamento dos cascallos da antiga casa consistorial.
·
Sobre o
custe das festas patronais de Ordes.
· Sobre as
obras que o Concello está a executar na cidade deportiva de Vista Alegre.