·
A reunión en Buscás será o venres ás 21,00 horas no local
social e a de Leira o mércores 5 de
decembro, ás 21,30 horas, na escola de Castrelos
·
Martínez Sanjurjo materializa o compromiso electoral de
celebrar xuntanzas periódicas en cada parroquia, mentres o alcalde ignora os
seus problemas
Ordes, 30 de novembro de 2012.- O Partido Popular de Ordes continúa desenvolvendo estes
días a rolda de reunións que está a celebrar cos veciños das diferentes
parroquias, con Buscás e Leira como escenarios inmediatos.
En
Buscás, a reunión terá lugar ás 21,00 horas deste venres, 30 de novembro, no
local social, situado na Rúa.
Posteriormente,
o mércores 5 de decembro (véspera de festivo), o voceiro municipal do Partido
Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e varios dos seus concelleiros,
desprazarase a Leira, para unha reunión prevista ás 21,30 horas na escola de
Castrelos.
Con
esta rolda de reunións, Martínez Sanjurjo materializa o compromiso adquirido
durante as pasadas eleccións municipais, nas que anunciara a súa intención de
estar periodicamente en cada parroquia. Nestes encontros, o voceiro popular
explica o labor de oposición que está a desenvolver no Concello e toma nota das
necesidades e problemas que lle trasladan os veciños, co compromiso de facerse
eco deles no Pleno municipal.
O PP escoita aos veciños
Deste
xeito, mentres que PP cultiva unha relación fluída cos veciños, escoita os seus
problemas e procura ofrecer solucións, o alcalde ignora a situación do medio
rural.
Dentro
da rolda de reunións organizada polo Partido Popular de Ordes celebráronse xa
encontros cos veciños de Beán, Pereira, Barbeiros, Poulo e Vilamaior, ás que
agora se sumarán Buscás e Leira.
É
propósito do portavoz popular continuar as reunións cos veciños das restantes
parroquias nas datas próximas para rematar esta rolda en 2012.