·
O recente derrubamento da estructura constitúe o enésimo
despropósito das obras impulsadas por Regos na Casa Consistorial, unha
intervención tan custosa como innecesaria nos tempos actuais
·
O PP seguirá a pista do mecanismo do reloxo e das campás,
para evitar que se “perdan”, como sucedeu coa balaustrada de cantería da
Alameda
Ordes, 1 de decembro de 2012.- O recente derrubamento da torre do reloxo da Casa Consistorial
de Ordes constitúe o “enésimo despropósito” dunha obras tan custosas como
innecesarias, e súmanse á sucesión de caprichos impulsados polo alcalde de
costas ás necesidades dos veciños, mentres a débeda municipal medraba
exponencialmente ata superar os 10 millóns de euros.
Ao
igual que a inmensa maioría dos veciños, o Partido Popular de Ordes observou
con estupor o derrubamento da torre do reloxo da antiga casa Consistorial, dado
que ésta era un dos elementos emblemáticos da vila, ao tempo que pon de
manifesto a improvisación coa que está actuando o Concello nesta obras.
Obras sen xustificación
Recorda
o PP, que as decisións erráticas do Grupo de Goberno provocaron un colapso
estructural da antiga Casa Consistorial, que a piques estiveron de provocar o
derrubamento do edificio. E recordan tamén que tanto as obras do novo edificio
do Concello, como a intervención na antiga Casa Consistorial carecen de xustificación
algunha, máxime tendo en conta que se executan nun entorno de intensa crise
económica e que o Concello tivo que endebedarse aínda máis para afrontar os
pagamentos.
O
Partido Popular de Ordes adianta que fará un seguimento detallado e reclamará
explicacións sobre o destino final do mecanismo do reloxo e das campás aloxadas
no interior da torre agora derrubada, para evitar que se “perdan”, tal e como
sucedeu coa balaustrada de cantería retirada antes da ampliación da Alameda, e
da que nunca máis se tiveron noticias.
O PP reclamará tamén un informe escrito sobre o
destino final das fiestras retiradas nos últimos meses da antiga casa
consistorial, dada a facilidade que ten o equipo de Goberno de Ordes para
“perder” elementos valiosos susceptibles de ser obxecto de usos alternativos
que alonguen a vida útil dos mesmos.