viernes, 5 de octubre de 2012

O PP de Ordes inicia a campaña apelando ao voto responsable



·  Militantes e simpatizantes da formación que preside Feijóo, encabezados polo portavoz municipal en Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, protagonizaron a pegada de carteis a pasada medianoite na Alameda da vila




Ordes, 5 de outubro de 2012.- O Partido Popular de Ordes iniciou a pasada medianoite, coa tradicional pegada de carteis realizada na Alameda da vila, a campaña das Eleccións Autonómicas que se celebrarán o vindeiro 21 de outubro.

Militantes e simpatizantes do Partido Popular, encabezados polo portavoz municipal, José Luis Martínez Sanjurjo, pola presidenta da xestora local do PP, Estrella Vázquez Varela, e outros concelleiros deron o pistoletazo de saída a unha campaña na que se dispoñen a traballar arreo para acadar a reelección de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.


Durante a campaña, o Partido Popular explicará a xestión desenvolvida polo Partido Popular durante a lexislatura e apelarán ao voto útil e responsable para que a formación que dirixe Feijóo poda revalidar maioría absoluta.

Comparar a xestion de Feijóo coa de outras Comunidades

O PP de Ordes convida aos electores a comparar a xestión responsable de Feijóo, que converteu á Xunta de Galicia na Administración autonómica máis solvente de España, que paga ao día as súas facturas e non precisou acollerse a fondo de liquidez, que sí solicitaron xa outros gobernos autonómicos como o catalán ou o andaluz.

“E convén ter presente que mentres outras Comunidades deberán dedicar os seus recursos a pagar a débeda contraída, a Xunta, gracias á xestión de Feijóo, dispón de fondos para facer fronte ás necesidades dos cidadáns”, recorda José Luis Martínez, portavoz municipal do PP de Ordes.

En opinión de Martínez Sanjurjo, o lema da campaña do PP, “Galicia Primeiro”  define á perfección a filosofía de Feijóo e do seu equipo, dado que non se presenta contra ninguén, ten como único obxectivo superar a crise a antepón sempre os intereses de Galicia fronte a calquera outra consideración.