· Ademáis de percorrer todo o municipio porta a porta, o
Partido Popular organiza tres actos electorais principais: o central en Ordes,
con Feijóo, e outros dous en Montaos e no Mesón do Vento
·
Tamén facilitará o desprazamento en autobús ao mitin de
ámbito provincial que se celebrará o próximo sábado en Riazor
· Un grupo de militantes e simpatizantes do PP de Ordes
asistiu en Pontevedra ao mitin ofrecido por Rajoy e Feijóo este sábado
Ordes, 6 de outubro de 2012.- O presidente do PPdeG e candidato á reelección como
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participará o luns 15 de outubro, mo
mitin central do Partido Popular de Ordes.
A
cita será será na Sala LP-45 ás 22,00 horas nun acto electoral no que Feijóo
será precedido polas intervencións de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz
municipal do PP de Ordes; Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación da Coruña
e director de campaña do PP coruñés; Pedro Puy Fraga, portavoz parlamentario do
PPdeG no Parlamento de Galicia e candidato pola provincia da Coruña.
Mitins en Ordes, Montaos e Mesón do Vento
Ademáis,
o Partido Popular de Ordes ten previsto outros dous mitins: en Montaos o luns 8 de outubro (20:00h, no
Hotel Santa Cruz-Bar Novo) e no Mesón do
Vento o venres 12 de outubro (21:30 h., no Restaurante Avelino).
Ademáis,
o equipo do Partido Popular de Ordes ten previsto efectuar unha intensa campaña
porta a porta que o levará a percorrer a práctica totalidade da vila, así como
as diferentes aldeas e lugares que integran o municipio.
Autobús, o próximo sábado para ir á Coruña
No
marco da estratexia de mobilización encamiñada a que o programa e as mensaxes
do Partido Popular cheguen ao maior número de destinatarios, o PP local
facilitará o desprazamento, en autobús, a todas as persoas que desexen asistir,
o vindeiro sábado, 13 de outubro, a un acto electoral de ámbito provincial que
se celebrará no Pazo dos Deportes de Riazor, na Coruña.
Este
sábado, un nutrido grupo de militantes e simpatizantes do PP de Ordes asistiu
en Pontevedra ao mitin celebrado na praza de touros da cidade coa participación
de Mariano Rajoy e de Alberto Núñez Feijóo.
ACTOS
ELECTORAIS DO PARTIDO POPULAR DE ORDES
MONTAOS.- Luns, 8 de outubro.
20,00 h.- Hotel
Santa Cruz – Bar Novo
Mitin
Intervirán:
- José Manuel Mira Gómez (Concelleiro no Concello de
Ordes)
- José Luis Martínez Sanjurjo (Portavoz municipal no
Concello de Ordes)
- Paula Prado del Río (Candidata ó Parlamento de Galicia)
- Diego Calvo Pouso (Presidente da Deputación de A
Coruña)
MESÓN DO VENTO.- Venres, 12 de outubro.
21,30 h.- Restaurante Avelino
Mitin
Intervirán:
- José Manuel Gestal Sánchez (Concelleiro no Concello de
Ordes)
- José Luis Martínez Sanjurjo (Portavoz municipal no
Concello de Ordes)
- Belén Do Campo Piñeiro (Candidata ó Parlamento de
Galicia)
ORDES.- Luns, 15 de outubro.
22,00 h.- Discoteca LP-45 Ordes
Mitin central coa participación de Alberto
Núñez Feijóo
Intervirán:
- José Luis Martínez Sanjurjo (Portavoz municipal no
Concello de Ordes)
- Diego Calvo Pouso (Presidente da Deputación de A
Coruña)
- Pedro Puy Fraga (Candidato ó Parlamento de Galicia)
- Alberto Núñez Feijoo (Presidente do PP de Galicia e candidato
á Presidencia da Xunta de Galicia)