lunes, 22 de octubre de 2012

O PP de Ordes agradece o “inmenso caudal de confianza” recibido onte nas urnas



·      Martínez Sanjurjo interpreta o crecente respaldo electoral acadado polo PP como unha aposta dos ordenses polo rigor e a seridade que caracterizan a xestión de Feijóo

·      O PP acadou o apoio do 54,43% do electorado de Ordes, case oito puntos máis que hai catro anos


Ordes, 22 de outubro de 2012.- O Partido Popular de Ordes agradece o “inmenso caudal de confianza” recibido onte nas urnas, nas que, co 54,43% dos votos, rexistrou un incremento de preto de oitos puntos respecto ás autonómicas de 2009, nas que acadara o 46,69% dos sufragios.

José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municial do Partido Popular de Ordes, sinala que “do mesmo xeito que con humildade pedimos o voto para a nosa formación, con humildade saberemos administrar a victoria electoral”.

Ordes aposta pola seriedade e o rigor de Feijóo

Os populares ordenses atribúen o crecemento rexistrado onte a unha clara aposta dos ordenses polo rigor, a seriedade, a transparencia e a honestidade que caracterizan ao presidente Fejóo e a súa maneira de xestionar os recursos públicos.

Ao tempo que agradece o respaldo maioritario acadado onte nas urnas, Martínez Sanjurjo valora o esforzo desenvolvido polo amplo equipo de militantes e simpatizantes do Partido Popular de Ordes, que levaron a cabo unha intensa axenda de traballo, tanto durante a precampaña, como na campaña electoral propiamente dita.

A elevada afluencia rexistrada nos tres actos electorais organizados polo PP de Ordes nesta campaña (en Montaos, Mesón do Vento e Ordes) constitúe un motivo de satisfacción para os populares ordenses, que, ademais, valoran especialmente o apoio permanente do presidente Feijóo, que acudiu á vila para participar no mitin central, celebrado pasado martes, 16 de outubro.