·
O
compromiso, adquirido pola Xunta coa comunidade escolar, foi reiterado por
Belén Do Campo nun recente mitin ante 250 persoas e será executado, porque “no
PP somos xente de palabra”
·
O PP valora
o interese e implicación da ANPA por mellorar as dotacións do centro
Ordes, 19 de outubro de 2012.- A Xunta de Galicia investirá, un total de 50.000
euros en diferentes actuacións para a mellora das dotacións do CEIP Campomaior,
de Ordes, logo das xestións efectuadas polo PP local.
A
decisión, comunicada no seu momento pola Xunta á Comunidade escolar, foi reiterada
pola candidata do PP ao Parlamento de Galicia e ata hai pouco foi delegada
territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Do Campo, no transcurso dun
mitin celebrado no Mesón do Vento coa asistencia de 250 persoas.
“No
PP somos xente de palabra, cun equipo que só se compromete a executar o que
pode pagar, polo que o investimento no CEIP Campomaior está fora de toda
dúbida”, asevera José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido
Popular de Ordes.
O
investimento da Xunta no CEIP Campomaior roldará os 50.000 euros e permitirá
mellorar o equipamento do centro, con novos baños e outras dotacións adicionais.
As actuacións anunciadas iniciarase coincidindo
coa proximidade das vindeiras vacacións de Nadal, para evitar interferir no
normal desenvolvemento da actividade escolar.
O
Partido Popular de Ordes valora o interese e a implicación da ANPA do CEIP Campomaior de cara a conseguir
melloras para o centro, actitude que sempre contará co pleno respaldo e a
comprensión do PP.
O PP cuestiona os intentos de manipulación
O PP
local cuestiona, sen embargo, outros comportamentos con transfondo político, de
quen aproveita calquera ocasión para tratar de manipular e, de paso, tentar de
sacar réditos en vésperas dunha cita electoral.
No
recente mitin do Mesón do Vento Belén Do Campo tamén eloxiou o traballo que
está a desenvolver o portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez
Sanjurjo, e o seu equipo.
Belén
Do Campo atribuíu as melloras no CEIP Campomaior á mediación do equipo do PP
local, que se reuniu coa comunidade escolar e trasladou as necesidades do
centro á delegación da Xunta. As diferentes xestións correron a cargo do
portavoz municipal, José Luis Martínez, e da concelleira Susana Mosquera.