· Convida ao
concelleiro socialista a pedir perdón por ter mentido unha vez máis, dado que
non foi capaz de presentar as mocións coas que, segundo afirmara previamente
faltando á realidade, o PP se opuxera á rolda leste
Ordes, 9 de setembro de 2012.- Despois das últimas afirmacións do secretario xeral do
PSOE de Ordes, que non foi capaz de aportar probas documentais coas que
respaldar as acusacións falsas que vertera previamente contra o PP local
en relación coa rolda leste, o PP de
Ordes considera acreditado que a mentira constitúe a norma de conduta cotiá do
concelleiro socialista.
O Partido Popular convida ao concelleiro socialista a
pedir perdón ao conxunto dos veciños de Ordes logo de ter sido “cachado” nunha
mentira evidente. Se mentiu acusando ao PP de ter impulsado mocións en contra
da rolda leste -afirmación falsa que non foi quen de documentar- é evidente que
Pedreira tampouco terá escrúpulos políticos para mentir en calquera outro
asunto. Pedreira ignora que non todo vale, nin na política, nin na vida en
xeral.
Se o concelleiro socialista de Ordes cree que con
mentiras e acusacións falsas poderá borrar da memoria a súa condición de
acólito de Zapatero, que levou España ao borde da quebra, é evidente que se
equivoca. Os ordenses, como o conxunto
dos galegos e dos españois, non esquecerán en moitas décadas a xestión
desastrosa desenvolvida polo PSOE.
Con todo, o PP de Ordes anima ao concelleiro socialista
de Ordes a continuar desenvolvendo a mesma estratexia que seguiu ata o de
agora, coa seguridade de que lle seguirá reportando severos reveses electorais
para o PSOE, que viu reducida a súa representación na Corporación de Ordes a un
terzo da anterior, castigo que se repetiu logo nas Eleccións xerais e como
volverá suceder nos comicios galegos do próximo 21 de outubro.