· Corrixe as mentiras vertidas por
Pedreira e recórdalle que, nas eleccións municipais, o PSOE pasou de tres a un
concelleiro por actuar sempre con mentiras e medias verdades
· O PP de Ordes sempre considerou
innecesaria a ampliación do Concello, pero valora que a Xunta autorice agora
unha partida para evitar que o vello consistorio acabe derrubándose
· Reitera que a rolda leste foi
pagada pola Xunta, malia as falsidades propagadas polo concelleiro socialista,
sempre disposto a sair en rescate do Concello
Ordes, 6
de setembro de 2012.- Logo das mentiras vertidas polo
único concelleiro socialista de Ordes, o Partido Popular reta ao Jesús Pedreira
a que presente algunha das hipotéticas mocións populares ás que aludíu en
contra da rolda leste da vila.
O Partido Popular advirte
ao concelleiro socialista que as mentiras, falsidades, medias verdades e a
estratexia de “falabarato” que seguiu nos últimos tempos o PSOE de Ordes foron
castigados con severidade polos veciños nas últimas eleccións municipais, nas
que a representación socialista na Corporación perdeu dous dos seus tres
concelleiros.
O Partido Popular de Ordes
reitera, punto por punto os argumentos esgrimidos ao valorar que a Xunta do PP
tome cartas no asunto e se implique para financiar o arranxo dos danos
estruturais que presenta a antiga Casa Consistorial de Ordes, derivados de
unhas obras mal plantexadas polo actual Goberno local.
Asinase quen asinase o
convenio inicial, é o certo que a obra se rematará logo da autorización da
Xunta actual, dado que a alternativa sería deixar que o edificio, actualmente
apuntalado, acabase derrubándose.
Pero tamén é certo que o
Partido Popular sempre considerou que as obras de ampliación da Casa
Consistorial eran innecesarias e que o Concello de Ordes tiña outras
prioridades. De feito, se non se tivesen acometido, non sería precisa a
actuación actual para evitar que o edificio caia.
A Xunta
do PP tamén pagou a rolda lesta
Foi tamén a Xunta do
Partido Popular a que pagou a totalidade das obras da rolda leste, a pesar da
mala fe coa que actuou e as falsidades que propagou o concelleiro socialista de
Ordes, que tratou de culpar ao Executivo galego de problemas que tiñan a súa
orixe no propio Concello, ao que semella sempre interesado en defender. Non
estaría de máis, por certo, que Pedreira explique as razóns do seu xeito de
actuar, sempre en defensa dun Goberno local do que non forma parte, pero ao que
apoia cando é necesario, seguramente porque alberga a esperanza de integrarse
nel antes de que finalice a actual lexislatura municipal.