· O Partido Popular pregunta como é posible que unha
administración poda cometer unha irregularidade deste calibre e poñer en risco
a integridade das persoas
· As farolas foron instaladas para iluminar unha pista
polideportiva en Leira e os cables eléctricos están ao alcance de calquera cativo, como acreditan as
fotografías
Ordes, 27 de setembro de 2012.- As farolas que o Concello de Ordes vén de instalar na
pista polideportiva de Leira, preto da Igrexa, incumpren as máis mínimas normas
de seguridade e poden poñer en perigo ás
persoas, na medida en que deixaron os cables eléctricos á vista, e ao alcance
da man, como acreditan as fotografías adxuntas.
O
Partido Popular enmarca estes feitos na sucesión de chapuzas impulsadas polo
Concello de Ordes e anuncia que esixirá copia do proxecto técnico, así como
certificación da obra, se é que esta se chegou a efectuar.
“¿Cómo
é posible que unha administración poda
cometer unha irregularidade deste calibre e chegar a poñer en risco a
integridade das persoas?”, pregunta o portavoz municipal do PP de Ordes, José
Luis Martínez Sanjurjo.
Risco innecesario
Por
fortuna, a chapuza perpetrada polo Concello de Ordes en Leira non chegou a provocar,
polo de agora, desgrazas persoais, pero poderíanse ter producido, dado que as
farolas entraron en servizo coincidindo coa celebración da Romaría da Santa
Eufemia, que congrega no igrexario e o seu contorno a centos de persoas.
O
risco ven derivado da ausencia de proteccións adecuadas nos rexistros das
farolas, de maneira que calquera persoa, especialmente os nenos, poden acceder
aos cables eléctricos instalados no interior da tubaxe e sen protección algunha.
Nun dos postes, o rexistro foi practicado “ás bravas”, cun burato que logo foi
tapado cunha simple cinta adhesiva.
“¿Qué
pasaría se un neno tivese accedido a eses cables ou se calquera persoa os
tivese manipulado cun instrumento cortante que eliminase o illante externo?”,
segue preguntando o PP de Ordes.
Ademais
de esixir información e responsabilidades políticas sobre o sucedido, o Partido
Popular de Ordes reclama a inmediata reparación desas farolas, evitando
calquera risco innecesario.